
DÉPOR ABANCA · 4 XUÑO 2025
AINHOA MARÍN PIDE QUE "NOS ILUSIONEMOS CO QUE PODE VIR DE NOVO, OUTRA TEMPORADA EN LIGA F"
Ainhoa Marín pediu ao recoller o Premio Estrella á Xogadora da temporada 2024-25 que "nos ilusionemos co que pode vir de novo, outra temporada en Liga F. Gustaríame motivar a #ANOSAFORZA que siga animándonos, a que haxa máis partidos como o que houbo aquí contra o Sevilla, con 5.000 persoas. Motivo a que todo o mundo poida vernos, gozar de nós. Nós temos que facer que gocen, que iso vai ir a nosa liña para o ano que vén".Sente "moi orgullosa de levar a camiseta do Dépor. Presumo dela. Agora que veñen as vacacións cando vaia a adestrar irei coa miña camiseta do Dépor. Estou moi orgullosa e agradecida a todo o que nos está levando a estar neste Club. A todo o mundo gústalle sentirse querida e eu aquí síntome moi querida".Da temporada, admitiu a atacante do Dépor ABANCA que "ao final nos pesaron os minutos en Primera División, que non son fáciles. O obxectivo que tiñamos conseguímolo e ese obxectivo cumprido xerounos ser novas niso, non ter ese tipo de experiencia. Pero de todo imos aprender. Sérvenos para dar un paso adiante. Espero volver o ano que vén e dicir que todo foi ben".Opina que o seu mellor partido no que, "igual non destaquei tanto a nivel vistoso, foi contra a Real Sociedad, cando gañamos alí, cunha remontada. Fixen un bo partido a nivel de esforzos. Non fun tan vistosa pero impecable noutras cousas que puideron axudar á vitoria".Da campaña recentemente finalizada sostén que "aprendín moito. Apetecíame verme en escenarios como os que me vin este ano, xogando contra equipos e xogadoras grandes; saber en que punto estaba o Dépor ABANCA, en que punto estaba eu, do que podo ser capaz, do que non. Así que foi unha temporada de aprendizaxe e ilusionante por ver do que eramos capaces".Finalmente Ainhoa Marín márcase como obxectivo a próxima temporada "a regularidade. Logo mellorar cousas a nivel micro, que poidan axudar ao equipo".

O Dépor presenta a actualización do seu escudo nos Arcados da...

Suspendida este martes 23 de xuño pola calor a semifinal do A...

En marcha a quinta edición do DéporCampus do Colexio Internac...

A Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo aproba a adecuac...

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...