
DÉPOR · 15 XULLO 2025
ANTONIO HIDALGO COMEZA A DEBUXAR O SEU DÉPOR
Os Nosos completaron este martes pola tarde a súa cuarta sesión de traballo nas primeiras 48 horas da segunda semana de pretemporada.E Antonio Hidalgo comeza a perfilar o seu Dépor xa de cara aos primeiros amigables do verán.Para iso, o técnico deportivista dispuxo un exercicio de ataque e defensa, ademais dun partido en espazos amplos no que impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas.José Ángel está con traballo personalizado mentres que Arnau Comas fai tarefas co grupo e outras co readaptador.Iván Barbero e Iano Simao estiveron con permiso.Mañá mércores haberá unha única sesión de traballo, a partir das 10:30 en Abegondo.Alto ritmo na sesión matinalAlto ritmo na sesión matinal deste martes 15 de xullo, primeira do día, no campo 2 de Abegondo.Após unha activación con forza, houbo un exercicio de posición, unha tarefa ofensiva e partidos en espazo reducido, de alta intensidade.

Os Nosos aterran este domingo 6 de setembro ás 11:30 no Aerop...

Vitoria "brutal" do Dépor ante un Villarreal CF "de Champions...

Resultados deste sábado 5 en ANOSACANTEIRA, con goleada do Xu...

O Dépor ABANCA B arranca a liga en Segunda Federación coa vis...

El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño...

O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Ade...