
DÉPOR · 7 MAIO 2026
ANTONIO HIDALGO: "ISTO VAI DE ESTAR VIVOS SEMPRE, DE ESTAR VIVOS NA LOITA POR TODO"
Antonio Hidalgo manifestou este mediodía na sala de prensa do Dépor Training Center que o obxectivo é "estar vivos. Isto vai de estar vivos sempre, de estar vivos na loita por todo".A falta de 4 xornadas, insiste en ir "partido a partido, día a día. Todo cambia moitísimo. Hai que pensar no partido de mañá e estar vivos sempre".O técnico deportivista advirte da necesidade de "sentir ese sufrir momentos, pasar momentos tanto durante o partido como durante as semanas. E a partir de aí iso normalízase moito máis. Vas a polo partido e logo a polo seguinte".Do Cádiz CF, rival este venres 8 de maio ás 20:30 no JP Financial Estadio no primeiro partido da 39ª xornada en LaLiga Hypermotion, advirte que "de metade de campo cara arriba ten xogadores moi diferenciais da categoría. É un rival que ao principio quería pelexar por unhas cousas, ao final vense noutro tipo de situación e vai ser igualado, como non podía ser doutro xeito".Nesta liña, Antonio Hidalgo fala de "partido igualado da categoría cun equipo que cambiou de adestrador hai pouco e que lle deu o seu toque. Vainos poñer as cousas moi difíciles. Imos ter que estar moi atentos nos momentos sen balón, intentar facerlles dano con balón".

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...