RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en Suíza, Portugal, Monforte, Bertamiráns e Dépor Training Center

CANTERA · 21 AGOSTO 2026

INTENSO SÁBADO DE AMIGABLES EN ANOSACANTEIRA CON PARTIDOS EN SUÍZA, PORTUGAL, MONFORTE, BERTAMIRÁNS E DÉPOR TRAINING CENTER

ANOSACANTEIRA prepárase para un intenso sábado de pretemporada, nunha semana co xuvenil Mauro Valeiro como protagonista.O coruñés (na foto entre o texto), en dinámica do Fabril este verán, foi convocado pola selección española sub-18 para disputar este mes de agosto un torneo internacional na localidade alacantina de El Albir.En canto ao calendario do día, o Xuvenil B (na foto principal da noticia) xa se atopa en Suíza para participar na Geneva Cup, torneo con sede na localidade de Meyrin.Tamén teñen torneo o Cadete co Memorial Jacobo Díaz en Monforte e o San Tirso SD Cadete co Torneo Internacional Iniciados en Abrantes (Portugal).O choque do Infantil ante o Atlético Coruña Montañeros CF (12:45) e o do San Tirso SD Infantil en Bertamiráns (18:00) completan unha ampla xornada de fútbol.Para o domingo 23 de agosto queda a participación do Xuvenil A na Sinde's Cup de Narón. O rival do conxunto deportivista na semifinal (12:00) será o CD Lugo.

maurovaleiro0821.jpg

O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Categoría xuvenilDomingo 23 de agostoSinde's Cup no campo de Sinde (Narón)12:00: XUVENIL A - CD LUGOO gañador xogará a final e o perdedor loitará polo terceiro e cuarto posto(Martes 18): SADA CF (Primera Futgal) 0 - XUVENIL B 5 (Caamaño -3-, Thiago e Sergio)Geneva Cup 2026 en Meyrin (Xenebra)Sábado 22 de agostoPrimera Fase10:50: SERVETTE FC - XUVENIL B16:20: XUVENIL B - JUVENTUS FC19:05: EVERTON FC - XUVENIL BEn función da clasificación, os equipos pasan á seguinte faseCategoría cadete(Mércores 19): ATLÉTICO ARTEIXO (xuvenil) 1 - CADETE 2 (Álex Vidal e Íker Obeso)Memorial Jacobo Díaz no campo Álex Blanco (Monforte)Sábado 22 de agosto19:00: CADETE - AURIENSE CF20:00: CADETE - CP CALASANCIO(Martes 18): CD LUGO 3 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Raúl -2- e Jorge Méndez)18º Torneo Internacional Iniciados en Abrantes (Portugal)Sábado 22 de agostoPrimera Fase11:00: SC BRAGA - SAN TIRSO SD CADETE19:00: SAN TIRSO SD CADETE - SC PORTUGALEn función da clasificación, os equipos pasarán á segunda fase, o domingo 23Categoría infantilINFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 22 de agosto ás 12:45 no Dépor Training Center(Mércores 19): SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Saúl, Ares Navarro e Mateo Songo'o) - CD CALASANZ 3BERTAMIRÁNS CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 22 de agosto ás 18:00 no Municipal de Bertamiráns