
DÉPOR · 25 XULLO 2025
AS NOSAS CORES: A BANDEIRA DE GALICIA E A ROSA DE LOS VIENTOS INSPIRAN O TERCEIRO E MÁIS CORUÑÉS EQUIPAMENTO DO DÉPOR
O RC Deportivo completa a presentación dos seus equipamentos para a temporada 2025-2026 co lanzamento da súa terceira camiseta o 25 de xullo, Día de Galicia.Da man de Kappa, principal spónsor técnico do RC Deportivo, esta elástica pon o foco nas raíces, a identidade e o orgullo galego, converténdose no máis coruñés dos tres.

A camiseta está presidida pola bandeira de Galicia. No azul obsérvanse de novo os mosaicos que forman a Rosa de los Vientos, obra do autor coruñés Tono Correa Corredoira, como no primeiro equipamento. Un emblema profundamente ligado á cidade da Coruña e á cultura celta.No terceiro equipamento, o tradicional branco do fondo substitúese por un ton óso suave con detalles dourados. Sobre el sitúanse os diferentes símbolos que conforman a Rosa de los Vientos e representan as nacións celtas: a vieira, Galicia; o trevo, Irlanda; o cardo, Escocia; o trisquel, a illa de Man; o dragón, Gales; o cáliz, Cornualles e o armiño, Bretaña. Ademais da caveira de Tarsis, ligado á figura do rei de Gerión, que completa os oito cuadrantes.

Con esta camiseta, o RC Deportivo destaca o valor da súa estreita vinculación con Galicia e reforza a súa identidade atlántica e cultural, convidando os deportivistas a vestir con orgullo os símbolos que definen o vínculo emocional coas súas orixes.Xa está a disposición do deportivismo nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR, Marineda City, rúa Real e en www.deportienda.es.

Fundada en 1967 en Turín por Maurizio Vitale, Kappa creou a súa primeira liña deportiva en 1978. Pouco despois foi a primeira marca en Italia en patrocinar un equipo de fútbol. Unha decisión estratéxica que a situou no mercado internacional. Nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984, Kappa foi o patrocinador oficial do equipo de atletismo de Estados Unidos, cando Carl Lewis gañou catro medallas de ouro. Historia, deporte, tecnoloxía, innovación, deseño, estilo, orixinalidade, singularidade e futuro son os valores que definen a natureza da marca italiana que representan unha traxectoria repleta de fitos, como a creación da camiseta Kombat no 2000, a primeira que rompeu as regras do fútbol.


O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...