
CANTERA · 2 OUTUBRO 2026
CALENDARIO EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CO DÉPOR ABANCA B O DOMINGO 4 DE OUTUBRO ÁS 12:00 NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS
Os 3 partidos oficiais en ANOSACANTEIRA feminina xogaranse o domingo 4 de outubro.Ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias, o Dépor ABANCA B recibe ao CD Filial de Fundación CA Osasuna.As Nosas, tras a goleada da pasada semana, son terceiras na táboa de Segunda Federación con 9 puntos, a 1 do liderado da clasificación, que comparten o Real Oviedo e a SD Eibar B.O vestiario branquiazul celebrou esta semana a convocatoria de Antía Veiga para o Mundial sub-17 que se disputa en Marrocos en outubro e novembro.Pola súa banda, as rojillas, con 3 puntos, sofren na parte baixa da táboa.Así mesmo, o Orzán SD Sub-21 visita ao Victoria CF B na Grela 1 (16:00), mentres que o Orzán SD Xuvenil visita ao Sporting Cambre (19:15 no campo Dani Mallo).O calendario de partidos é o seguinte:Segunda Federación5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD FILIAL DE FUNDACIÓN CD OSASUNA, o domingo 4 de outubro ás 12:00 no campo Arsenio IglesiasClasificación: 1. Real Oviedo e SD Eibar B, 10 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 9 puntos; 4. As Celtas, 8 puntos... 13. CD Filial de Fundación CA Osasuna, 3 puntos...Tercera Federación4ª xornada: VICTORIA CF B - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 4 de outubro ás 16:00 na Grela 1Clasificación: ... 3. Victoria CF B, 7 puntos; 4. Atlético Villalonga FF, Victoria FC, Lostrego CF, Orzán SD Sub-21 e EFM Concello de Boiro, 6 puntos...Primera Autonómica4ª xornada: SPORTING CAMBRE - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 4 de outubro ás 19:15 no campo Dani MalloClasificación: ... 3. UD Carral e Orzán SD Xuvenil, 6 puntos... 7. Sporting Cambre, 3 puntos...

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...