RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O FC Porto superou na última media hora de xogo a un Dépor con 11 ausencias

DÉPOR · 2 OUTUBRO 2026

O FC PORTO SUPEROU NA ÚLTIMA MEDIA HORA DE XOGO A UN DÉPOR CON 11 AUSENCIAS

O Deportivo e o FC Porto aproveitaron este parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais para enfrontarse nun encontro amigable en ABANCA-RIAZOR.O partido caeu do lado portugués, que lle deu a volta ao marcador na última media hora: 1-3.Os lusos presentábanse na Coruña como líderes destacados da liga portuguesa con 21 puntos de 21 posibles.A súa única derrota ata a data colleitouna na Champions League, o pasado 8 de setembro ante o Manchester City (0-2).O deste venres foi o segundo amigable neste parón de seleccións para o Deportivo tras o disputado en Penafiel o pasado venres 25 de setembro, que rematou en empate (2-2) e que deixou para a historia o debut de 3 xuvenís no primeiro equipo: Mauro Valeiro, Frank Iglesias e Leandro Altieri.Non estiveron en ABANCA-RIAZOR os internacionais que están coas súas seleccións: Nsongo Bil, Lucas Noubi, José María Giménez e Bright Ede; nin tampouco os lesionados Casadó, Aubameyang e Eddahchouri.Foron baixa Riki, Luismi, Altimira e Amatucci, que estiveron estes días con adestramento personalizado.Kevin Sánchez, Noé, Quique Teijo, Álvaro Fraga, Yayo, Ferrán Seco e Íker Gil foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Antonio Hidalgo deulles minutos de xogo a futbolistas con menor protagonismo na liga, como Arnau Comas e Dani Barcia en defensa; Villares no centro do campo; ou Mella, Yeremay e Asp Jensen na zona de creación. A punta de ataque foi para o único dianteiro dispoñible para o técnico deportivista no primeiro equipo e no filial: Kevin Sánchez.O Dépor adiantouse axiña no marcador. Asp Jensen rouba un balón na saída de xogo do FC Porto, supera o último defensor e fusila por baixo o gardameta Cláudio. Corría o minuto 4.O danés lograba así o seu primeiro tanto coa camiseta blanquiazul.Do potente Samu foi a primeira ocasión do FC Porto, case ao cuarto de hora. O dianteiro español vaise dos centrais deportivistas e, no man a man, estrela o balón no corpo de Leo Román.Os portugueses fixéronse co dominio territorial e o Dépor atopouse con moitos problemas para sacar o balón xogado.Gomes disparou ao pau dereito da portería de Leo Román e, pasada a media hora, Alberto cabecea unha falta lateral que obriga o porteiro deportivista a facer unha bonita parada, enviando o esférico a saque de esquina.Ao descanso chegouse con 1-0.

mella0210.jpg

Tras o paso polos vestiarios, Ferllo substituíu a Leo Román na portería blanquiazul.Saíu o FC Porto disposto a darlle a volta ao encontro.Smailling rematou ao longueiro nun centro lateral desde a banda dereita e Pepê obrigou a Ferllo a realizar unha boa intervención.Respondeu o Dépor cun remate de cabeza de Loureiro ás mans de Cláudio no minuto 55.Empatou o FC Porto á hora de xogo nunha rápida transición que deixou a Borja Sainz ante Ferllo. O español definiu con calidade, picando o balón por riba do porteiro.Hidalgo refrescou o equipo con Ximo Navarro, Angeliño, Adama e Noé, que volvía así aos terreos de xogo despois da súa lesión de nocello no Trofeo Teresa Herrera, por Dani Barcia, Quagliata, Mella e Kevin.Golpeou de novo o conxunto portugués, que se puxo por diante no marcador cun remate de André Silva, libre de marca, tras un centro desde a esquerda.A recta final do partido deixou para a historia o debut do fabrilista Yayo, que substituíu a Mario Soriano; ademais dos canteiráns Álvaro Fraga e Íker Gil por Asp Jensen e Villares.O Dépor tentou lograr o empate apoiándose sobre todo no desborde de Adama pola banda dereita.Pero quen marcou foi André Silva no minuto 89 cun fermoso disparo desde moi lonxe que entrou case pola escuadra dereita da portería de Ferllo, asinando o 1-3 definitivo.Deportivo: Leo Román (Ferllo, min. 46), Loureiro, Arnau Comas, Barcia (Ximo Navarro, min. 61), Quagliata (Angeliño, min. 61), Villares (Íker Gil, min. 83), Mario Soriano (Yayo, min. 71), Mella (Adama, min. 61), Yeremay, Asp Jensen (Álvaro Fraga, min. 83) e Kevin (Noé, min. 61)FC Porto: Cláudio, Smailling (Luis Gomes, min. 62), W. Gomes (Gabriel Mec, min. 46), Samu (André Silva, min. 46), Pepê (Kaouê, min. 62), Borja Sainz (Gabriel Verón, min. 80), Alberto (Yoan Pereira, min. 62), Varela, Souza (Tiago Ferreira, min. 80), T. Silva (Joao Teixeira, min. 46) e MouraÁrbitro: Javier Alberola, do comité castelán-manchego. Amoestou a André Silva e Kauê, ambos na segunda metade.Goles: 1-0 Asp Jensen (min. 4); 1-1 Borja Sainz (min. 60); 1-2 André Silva (min. 64); 1-3 André Silva (min. 89)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 10.156 espectadores. Antes do encontro actuaron as Pandereiteiras do grupo de baile Santaia de Santa Cruz e, no descanso, Néstor Pardo

adama1002.jpg