RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA arranca o mes de outubro cun esixente exame este sábado 3 ás 16:00 en ABANCA-RIAZOR «ante un dos grandes da Liga F», o Atlético de Madrid

DÉPOR ABANCA · 2 OUTUBRO 2026

O DÉPOR ABANCA ARRANCA O MES DE OUTUBRO CUN ESIXENTE EXAME ESTE SÁBADO 3 ÁS 16:00 EN ABANCA-RIAZOR «ANTE UN DOS GRANDES DA LIGA F», O ATLÉTICO DE MADRID

O Dépor ABANCA sométese este sábado 3 de outubro ás 16:00 ( Dazn, Teledeporte e RTVE Play) en ABANCA-RIAZOR a un esixente exame ante o Atlético de Madrid, nun partido correspondente á 6ª xornada da Liga F.Na rolda de prensa previa, Alberto Rodríguez cualificou o conxunto branquivermello como "un dos grandes da Liga F".Co empate do pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o RCD Espanyol, As Nosas chegan con 5 puntos na 13ª posición.O equipo recupera a Marisa García e Ainoa Gómez, flamantes campioas do mundo sub-20 que xa adestraron desde o pasado mércores coas súas compañeiras.Ademais, o técnico deportivista asegura que "estamos case ao completo. Obviamente Tarazona segue un pouquiño lonxe de incorporarse ao grupo, pero Eva xa fixo (onte venres) a sesión case ao completo. Merle Barth xa puido xogar os seus primeiros minutos o outro día".Subliña que "hai moitas opcións para min, coa máxima dificultade para tomar as mellores decisións posibles, pero moi contentos e contentas de que o grupo teña tanta calidade de adestramento".

octubredeporabanca1002.png

O preparador branquiazul pide o apoio de ANOSAFORZA: "Agora que por fin os temos detrás (en Tribuna Inferior), que era algo que reclamaba todo o mundo, tamén as futbolistas, porque os senten máis preto, pedirlles, na medida do posible, que sigan apoiando o equipo".Recalca que "o que o equipo quere ser demóstrao no campo e ese é o primeiro paso importante. Agardamos e faremos todo o posible por dedicarlles a vitoria e por poder celebrala todos xuntos en ABANCA-RIAZOR".Pola súa banda, o Atlético de Madrid, que a pasada fin de semana caeu (3-2) na súa visita ao Athletic Club, é 8º con 6 puntos.Lonxe do Estadio Atlético de Madrid na Ciudad Deportiva en Alcalá de Henares, ademais do citado encontro en Lezama, perderon contra o Real Madrid CF (3-2).Finalizado o choque, As Nosas adestraranse de novo no Dépor Training Center o domingo 4 de outubro ás 10:15 horas.

redru1002.jpg