
DÉPOR · 16 MARZO 2026
COMUNICADO OFICIAL DO RC DEPORTIVO
O RC Deportivo desexa aclarar, en relación co comunicado emitido polo Real Zaragoza, que nas 2 últimas temporadas o noso Club non recibiu entradas (salvo as de cortesía) para pór a disposición da afección deportivista nos encontros disputados polo equipo branquiazul na cidade aragonesa.Ante esta situación, e tendo en conta que non se aplicou o principio de reciprocidad nos precedentes máis recentes entre ambos os clubs, o RC Deportivo decidiu non pór entradas a disposición do Real Zaragoza para a súa afección de cara ao encontro que se disputará o vindeiro sábado en ABANCA RIAZOR.Esta decisión responde igualmente a criterios organizativos e de seguridade, atendendo á rivalidade existente entre ambas as afeccións e co obxectivo de garantir o normal desenvolvemento do partido e evitar posibles incidentes.O RC Deportivo quere subliñar, no entanto, que si remitirá ao Real Zaragoza o mesmo número de entradas de cortesía que o club aragonés entregou á nosa entidade con motivo do encontro da primeira volta.

Inês Pereira mídese con Portugal a Letonia e Finlandia este m...

Mario Soriano quere "seguir con esa ilusión, con esa ambición...

O Dépor céntrase en "preparar a semana" para o partido de Val...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, cunha única cita liguei...

Marisa conclúe este mércores 20 de maio unha nova concentraci...

Calendario de ANOSACANTEIRA, con torneos esta fin de semana e...