
DÉPOR · 20 MAIO 2026
O DÉPOR CÉNTRASE EN "PREPARAR A SEMANA" PARA O PARTIDO DE VALLADOLID CON "TODOS BEN, CON TODOS DISPOÑIBLES PARA O DOMINGO"
O Dépor pon rumbo a Valladolid cunha primeira sesión matinal de adestramento no Dépor Training Center este mércores 20 de maio.Mario Soriano, na sala de prensa, asegurou que, despois dun partido de moito desgaste físico como foi o do pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o FC Andorra, "estamos todos ben, todos dispoñibles agás Mella pola lesión".Insiste en "preparar a semana, facer todo o que nos diga o míster, o plan de partido, tentar estar o máis tranquilos posible".Admite que o choque ante os andorranos "foi moi esixente pero estamos todos para o domingo".Lembra ademais que foi un rival "que xoga moi ben, con balón facíannos moito dano, e sen balón apertaban un contra un".Por conseguinte recalcou que "foi moi esixente a nivel físico, de estrés, de sufrir, de estar tranquilos, de facer o plan de partido que tiñamos. Deuse da mellor maneira posible".

O corpo técnico dispuxo para iniciar a semana unha activación con roda de pases, un xogo de posición, un exercicio táctico e fútbol reducido para concluír.Noé, Bil e Samu foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 21 de maio Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Inês Pereira mídese con Portugal a Letonia e Finlandia este m...

Mario Soriano quere "seguir con esa ilusión, con esa ambición...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, cunha única cita liguei...

Marisa conclúe este mércores 20 de maio unha nova concentraci...

Calendario de ANOSACANTEIRA, con torneos esta fin de semana e...

A Xunta de Galicia recibe ao Fabril, que "representa hoxe mel...




