
DÉPOR ABANCA · 20 MAIO 2026
MARISA CONCLÚE ESTE MÉRCORES 20 DE MAIO UNHA NOVA CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-20
Foto:@rfef.es
Marisa García (na foto de pé, a 5ª xogadora empezando pola esquerda) rematou este mércores 20 de maio unha concentración coa selección española sub-20 que tivo lugar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) desde o pasado luns 18.Este combinado nacional continúa a preparar o Mundial da categoría, que se celebrará en Polonia do 5 ao 27 de setembro.Marisa xa participou con España sub-20 a finais de febreiro noutra concentración en Alfaz del Pi con tres amigables incluídos ante Inglaterra, México e Países Baixos.De feito, no primeiro encontro ante as inglesas a dianteira deportivista marcou un gol aos 3 minutos de xogo.Na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, Marisa, que se incorpora este xoves 21 aos adestramentos no Dépor Training Center, participou en 25 partidos, 11 deles como titular, e anotou 2 goles.

Inês Pereira mídese con Portugal a Letonia e Finlandia este m...

Mario Soriano quere "seguir con esa ilusión, con esa ambición...

O Dépor céntrase en "preparar a semana" para o partido de Val...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, cunha única cita liguei...

Calendario de ANOSACANTEIRA, con torneos esta fin de semana e...

A Xunta de Galicia recibe ao Fabril, que "representa hoxe mel...