
DÉPOR · 20 MAIO 2026
MARIO SORIANO QUERE "SEGUIR CON ESA ILUSIÓN, CON ESA AMBICIÓN, CON ESAS GANAS DE GAÑAR E DE LOITAR POLO QUE QUEREMOS"
Mario Soriano subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que quere "seguir con esa ilusión, con esa ambición, con esas ganas de gañar e de loitar polo que queremos".Subliña que "estamos tranquilos. Sabemos da oportunidade que temos pero hai que estar tranquilos, que esa euforia non nos leve a cousas que poidan suceder".Insiste en afrontar o encontro deste domingo 24 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) ante o Real Valladolid CF "da mellor maneira, realizar o plan que teñamos. Paciencia, tranquilidade e ir a gañar, que sempre imos a iso".O centrocampista blanquiazul asegura que "pensamos en Valladolid porque é o partido que nos vén. Sabemos a oportunidade que temos, sabemos que o temos preto pero hai que pensar no domingo só, no que poida pasar".Cre necesario "botarnos a un lado do que se poida dar fóra, desa euforia, e ter toda a calma do mundo, toda a tranquilidade".Mario Soriano admite que o partido no Estadio José Zorrilla "é unha oportunidade marabillosa para o Club, para o equipo, para min, para todo o mundo, para A Coruña; e a ilusión sempre a tivemos desde que comezamos a temporada. Pasamos por moitos momentos non moi bos, por outros bos, por rachas boas. Estes últimos meses levamos 10 ou 11 partidos sen perder. O equipo competiu moi ben e a ilusión estivo en todo momento".Non obstante, advirte que o Real Valladolid "xoga na casa, coa súa xente. Non se xogan nada pero nesta categoría todo pode pasar. O outro día tampouco o FC Andorra se xogaba nada e puxo as cousas moi complicadas. Temos que afrontar o partido sen pensar en cousas doutro lado, se van estar relaxados, se non se xogan nada... Temos que facelo como sempre, como saímos todos estes partidos, facer o partido que queremos, ser dominadores, tentar facerlles dano e gañar, que é o que queremos".

Inês Pereira mídese con Portugal a Letonia e Finlandia este m...

O Dépor céntrase en "preparar a semana" para o partido de Val...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, cunha única cita liguei...

Marisa conclúe este mércores 20 de maio unha nova concentraci...

Calendario de ANOSACANTEIRA, con torneos esta fin de semana e...

A Xunta de Galicia recibe ao Fabril, que "representa hoxe mel...