
DÉPOR · 2 OUTUBRO 2025
DAVID MELLA TAMÉN PARTICIPOU NO EMPATE DE ESPAÑA ANTE MÉXICO NA SEGUNDA XORNADA DO MUNDIAL
-Foto:David Mella e a selección española sub-20 enfrontáronse este mércores 1 de outubro a México no segundo partido do Campionato do Mundo da categoría.O encontro, cheo de alternativas, acabou en empate após o tanto do futbolista mexicano Gilberto Mora no minuto 87.Nesta ocasión, o canteirán branquiazul saltou ao céspede no minuto 73 en substitución de Rayane.No primeiro partido ante Marrocos, Mella, que dispuxo dunha boa oportunidade para marcar, saíu no once inicial e foi relevado no minuto 63 por Fortea.Os españois non aproveitaron as súas ocasións pero si os marroquís, que se impuxeron por 2-0 con dous goles case consecutivos nos minutos 54 e 58.No outro partido do grupo, Brasil caeu ante Marrocos, que lidera o grupo con 6 puntos, xa clasificado. México suma 2 puntos; mentres que España e Brasil teñen 1.A oitavos de final clasifícanse as dúas primeira seleccións de cada grupo, así como o catro mellores terceiras clasificadas dun total de seis grupos.Así pois, España depende de si mesma para ser terceira: un triunfo ante a canarinha este sábado 4 de outubro ás 22:00 (hora galega) asegura aos xogadores que dirixe Paco Gallardo o terceiro escalafón do grupo, pero pode outorgarlles a segunda posición no caso de que México non gañe a Marrocos.O calendario de partidos de David Mella, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Domingo 28 de setembroMARROCOS 2 - ESPAÑA 0Mércores 1 de outubroESPAÑA 2 - MÉXICO 2Sábado 4 de outubro22:00 (hora galega): ESPAÑA - BRASIL, no Estadio Nacional en Santiago de ChileNo que vai de liga, David Mella participou co Dépor en LaLiga Hypermotion en 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.

Os Nosos volven aos adestramentos este xoves 28 de maio ás 17...

Mauro Valeiro debuta no Europeo sub-17 no once inicial de Esp...

O Dépor e o RC Celta pelexarán este mércores 27 de maio en As...

Este mércores 27 de maio abre a OAD ata as 18:00 e os despach...

Último partido de liga do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR, este...

O corazón de Galicia ríndese ante a épica do Dépor "que todo ...