RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O corazón de Galicia ríndese ante a épica do Dépor "que todo o mundo admira"

DÉPOR · 26 MAIO 2026

O CORAZÓN DE GALICIA RÍNDESE ANTE A ÉPICA DO DÉPOR "QUE TODO O MUNDO ADMIRA"

O deportivismo segue a vivir días que quedarán gravados para sempre na memoria de toda unha cidade e de toda Galicia.Tras o histórico ascenso, o RC Deportivo foi recibido oficialmente na Deputación Provincial e na Xunta de Galicia, en dous actos cargados de emoción, orgullo e recoñecemento a unha temporada de esforzo, unión e compromiso.Xogadores, corpo técnico e representantes do club compartiron estes momentos tan especiais con dúas das principais institucións galegas, levando consigo o sentimento de milleiros de deportivistas que nunca deixaron de crer.Este ascenso non pertence só a un equipo. Pertence a unha afección, a unha cidade e a toda unha terra que volveu sentirse unida arredor dun escudo e duns cores.Entre aplausos, apertas e palabras de recoñecemento, o Dépor volveu demostrar que a súa historia transcende o fútbol e forma parte da alma de Galicia.O orgullo blanquiazul segue a percorrer cada recuncho. E xuntos, seguimos escribindo historia.

diputacion.jpg

Á primeira hora da mañá, consello de administración, persoal e corpo técnico ao completo foron recibidos por Valentín González Formoso, Presidente da Deputación de A Coruña, e o resto da corporación provincial.

Nas súas palabras ás persoas presentes, González Formoso afirmou que o Deportivo "nos une e nos congrega" e cualifica de "incrible" unha afección "envexada por todos os clubes de España".Elogiou "o paso complexo" que deu Juan Carlos Escotet ao acceder á presidencia do RC Deportivo pero que "pagou moitísimo a pena. Queremos agradecerche desde toda a provincia o esforzo que fixeches para lograr unha aspiración de todo un país como Galicia".Pola súa banda, o presidente deportivista expresou á súa vez "o noso agradecemento á Deputación de A Coruña por esta recepción e polo apoio que sempre amosou cara a unha entidade que forma parte da historia social e deportiva desta provincia".Subliñou que "o regreso do Deportivo a Primeira División é unha nova que xera ilusión en moitísimas persoas e que volve situar A Coruña nun escenario de máxima visibilidade dentro do fútbol español. Pero esta subida tamén representa algo máis profundo: a recompensa a moitos anos de esforzo, de constancia e de compromiso colectivo".Lembrou que "o club atravesou etapas moi esixentes, e precisamente neses momentos foi cando máis se puxo de manifesto a fortaleza do deportivismo. A afección nunca deixou de estar ao lado do equipo, e esa fidelidade foi determinante para manter viva a ambición de recuperar o lugar que lle corresponde a esta institución".Finalmente apuntou que "o Deportivo sempre será unha parte importante da identidade desta provincia. Por iso valoramos especialmente a proximidade institucional e a colaboración que nos axudan a seguir construíndo desde a unidade".O acto concluíu coa entrega da camiseta do ascenso a cargo de Juan Carlos Escotet e coa sinatura de todo o equipo no libro de honra da Deputación de A Coruña antes dunha foto de familia.

20260526_escotetyformoso.jpg

Acto seguido, o RC Deportivo desprazouse ata o Pazo de Raxoi en Santiago, onde foi recibido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.En primeiro lugar, Diego Villares, capitán deportivista, afirmou que "para nós é un orgullo representar ao Deportivo e a Galicia cada vez que saímos ao campo".O mediocentro deportivista recalcou no seu discurso que o Dépor "forma parte do patrimonio emocional da nosa comunidade. Representamos ao club máis laureado do fútbol galego e ao único que foi quen de conquistar unha liga. Somos conscientes da responsabilidade de representar este escudo".Pola súa banda, Juan Carlos Escotet Rodríguez manifestou que "comparecemos aquí coa satisfacción de ter acadado un obxectivo profundamente desexado por milleiros de persoas dentro e fóra de Galicia: o regreso do Real Club Deportivo á Primeira División".Cre que este ascenso "representa a culminación dun proceso longo, esixente e cheo de dificultades, no que o club tivo que afrontar momentos de enorme complexidade sen perder nunca a súa identidade nin a súa capacidade de mirar cara adiante".Lembra que "foi un período de aprendizaxe, de reconstrución e de traballo silencioso. Anos nos que houbo que recuperar estruturas, reforzar a estabilidade institucional e volver xerar confianza dentro e fóra do club. Nada do conseguido tería sido posible sen unha idea compartida: a convicción de que o Deportivo debía volver competir entre os mellores desde a responsabilidade e a solidez".O presidente do Deportivo advirte que "volver a Primeira División supón unha enorme alegría, pero tamén implica unha grande responsabilidade. Somos plenamente conscientes da esixencia que representa esta nova etapa. O fútbol profesional obriga a manter unha visión de longo prazo, a seguir medrando en todas as áreas e a consolidar un modelo sostible e competitivo".Por conseguinte, engade que "ese seguirá sendo o noso camiño: traballar con ambición, pero tamén con equilibrio; medrar desde a estabilidade; e continuar fortalecendo unha institución que quere mirar ao futuro con seriedade e vocación de permanencia".Concluíu afirmando que "o Deportivo demostrou durante toda a súa historia que cando existe unidade entre club, afección e institucións, xéranse dinámicas capaces de mobilizar toda unha sociedade. Por iso valoramos especialmente o respaldo institucional e o clima de colaboración que sempre atopamos en Galicia".

escotetxunta.jpg

Pecharon o acto o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.Explicou en primeiro lugar que o salón que acolleu a recepción "é o lugar máis solemne que existe en Galicia. Este salón nobre do Pazo de Raxoi, que é a casa de todos os galegos, é para todos os actos máis solemnes que celebramos".Destacou o máximo mandatario galego "o sentimento colectivo que houbo en Galicia desde o domingo, a repercusión nacional, a historia, como foi".Confesa que "vir desde abaixo e subir, non renderse cando se estaba abaixo, crer que isto era posible, é unha épica que a todo o mundo lle gusta, todo o mundo admira. É un enorme orgullo".A recepción oficial rematou coa entrega por parte de Juan Carlos Escotet Rodríguez a Alfonso Rueda da camiseta coa que se logrou o ascenso o pasado domingo en Valladolid antes dunha foto para o recordo.

  • deporobradoiro.jpg
  • escotetyrueda.jpg
  • ruedayplantilla.jpg
  • camisetaxunta.jpg
  • escotetxunta.jpg
  • escotetyruedaraxoi.jpg
  • villixunta.jpg