RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Último partido de liga do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR, este mércores 27 ás 21:00 ante o RCD Espanyol, na última semana de competición

DÉPOR ABANCA · 26 MAIO 2026

ÚLTIMO PARTIDO DE LIGA DO DÉPOR ABANCA EN ABANCA-RIAZOR, ESTE MÉRCORES 27 ÁS 21:00 ANTE O RCD ESPANYOL, NA ÚLTIMA SEMANA DE COMPETICIÓN

O Dépor ABANCA disputa este mércores 27 de maio ás 21:00 (Dazn, RTVE Play e Teledeporte) ante o RCD Espanyol o seu último partido de liga en ABANCA-RIAZOR nunha semana, última de competición, que concluirá este domingo 31 de maio ás 13:00 (hora galega, 12:00 hora local) no Heliodoro Rodríguez López ante o UD Costa Adeje Tenerife.As Nosas chegan ao choque na 11ª posición con 30 puntos.É baixa para o encontro Millene Cabral, a pesar de que xa se adestra co grupo.

millene.jpg

O encontro será a despedida de Fran Alonso no banco deportivista. O técnico marcha coa misión de lograr a permanencia na categoría cumprida xa hai varias semanas.Pola súa banda, o RCD Espanyol, que no seu último partido empatou (1-1) na cidade deportiva Dani Jarque co FC Badalona Women, é 12º con 29 puntos.No partido da primeira volta disputado en Barcelona o pasado 7 de setembro de 2025 o choque rematou en táboas (1-1). Bárbara Latorre foi a autora do tanto deportivista.

franalonso.jpg

Lonxe do seu campo esta tempada o conxunto espanyolista gañou ao DUX Logroño (0-2), SD Eibar (1-2), Levante UD (0-1) e Atlético de Madrid (0-1); empatou co UD Costa Adeje Tenerife (0-0), FC Badalona Women (1-1) e Madrid CFF (1-1); e caeu co FC Barcelona (2-0), Sevilla FC (1-0), Athletic Club (2-1), Real Madrid CF (3-0), Real Sociedad (2-1), Granada CF (2-0) e Alhama CF (3-1).Finalizado o choque, As Nosas descansan o xoves 28 e regresan aos adestramentos o venres 29 de maio ás 10:45 no Dépor Training Center.

20260527_plansemanalabanca.jpeg