RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os Nosos volven aos adestramentos este xoves 28 de maio ás 17:00 no Dépor Training Center para preparar o partido fronte á UD Las Palmas

DÉPOR · 27 MAIO 2026

OS NOSOS VOLVEN AOS ADESTRAMENTOS ESTE XOVES 28 DE MAIO ÁS 17:00 NO DÉPOR TRAINING CENTER PARA PREPARAR O PARTIDO FRONTE Á UD LAS PALMAS

Os Nosos, que gozan este mércores 27 de maio dunha merecida xornada de descanso, regresan aos adestramentos este xoves 28 de maio ás 17:00 horas.O triunfo en Valladolid, cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas, deixou ao Dépor en Primera División matematicamente con 77 puntos, a 2 do líder, o Real Racing Club.

Antonio Hidalgo dispuxo nestes últimos días de traballo, que concluirán o domingo 31 de maio ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR ante a UD Las Palmas, un total de 3 sesións de adestramento no Dépor Training Center, con esta planificación:Xoves 28 de maio17:00 h.Venres 29 de maio10:30 h.Sábado 30 de maio10:30 h.Domingo 31 de maio18:30: Deportivo - UD Las Palmas, en ABANCA-RIAZORChega o final dunha tempada histórica para o RC Deportivo: crer para ver... e cremos, vimos a primeira.