
DÉPOR ABANCA · 25 SETEMBRO 2026
DÉPOR ABANCA E RCD ESPANYOL, IGUALADOS A PUNTOS, VENSE AS CARAS ESTE DOMINGO 27 ÁS 18:00 EN ABANCA-RIAZOR
O Dépor ABANCA recibe o RCD Espanyol este domingo 27 de setembro ás 18:00 horas en ABANCA-RIAZOR.O encontro, correspondente á 5ª xornada da Liga F, será retransmitido en directo por Dazn.As Nosas chegan ao choque despois de vencer e convencer en Granada: 0-3.Con 4 puntos, as branquiazuis ocupan a 12ª posición.Serán baixa Marisa García e Ainoa Gómez, que este mesmo domingo 27 xogarán en Polonia a final do Campionato do Mundo sub-20.O técnico deportivista confesa estar "moi feliz por elas. Como diciamos hai 2 ou 3 semanas, xa só faltaba que chegasen á final. Chegaron. Hai que darlles os parabéns tanto a elas como a toda a selección. Imos ver se nese partido ante Corea poden alzar o título".En canto ao resto do cadro de xogadoras, confirma que "Merle Barth está adestrando con total normalidade. Temos a Eva Alonso nunha fase máis avanzada, entre o ximnasio e o campo. E Tarazona, que comezou o traballo de ximnasio, xa puido empezar a facer sobre todo exercicios aeróbicos, que é o primeiro paso para comprobar que a costela está ben. Non houbo contratempos. Estamos contentas porque non houbo contratempos e todo vai segundo o previsto".Pola súa banda, o RCD Espanyol, que na pasada xornada goleou (5-1) o Madrid CFF, tamén ten 4 puntos. Pola mellor diferenza de goles (+2), as catalás están por diante das coruñesas (0).Lonxe do seu campo esta temporada, as espanyolistas empataron co Athletic Club (2-2) e caeron ante a SD Eibar (1-0).A súa adestradora, Sara Monforte, destaca o paralelismo entre os dous equipos: "Temos os mesmos puntos, gañou o seu partido en Granada"; e advirte de que o Dépor ABANCA "arriba ten moita dinamita, ten moito gol".Asegura que o RCD Espanyol saltará ao céspede de ABANCA-RIAZOR "a facer o noso xogo. Temos moi claro o noso modelo".Finalizado o encontro, As Nosas adestrarán de novo o luns 28 de setembro ás 11:00 no Dépor Training Center.

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA de visi...

Os Nosos retoman os adestramentos o mércores 30 ás 10:30 no D...

Dobrete de Kevin no empate do Dépor en Penafiel con debut dos...

O Fabril mídese ao Real Unión este sábado ás 18:45 en ABANCA-...

Zakaria Eddahchouri, operado con éxito do seu pulso esquerdo ...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...