RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Derrota intranscendente do Dépor ABANCA en Tenerife para pechar unha temporada para a historia

DÉPOR ABANCA · 31 MAIO 2026

DERROTA INTRANSCENDENTE DO DÉPOR ABANCA EN TENERIFE PARA PECHAR UNHA TEMPORADA PARA A HISTORIA

O Dépor ABANCA puxo punto e final a unha tempada histórica cunha derrota por 2-0 ante o UD Costa Adeje Tenerife este domingo 31 de maio no Heliodoro Rodríguez López.Con este resultado, As Nosas rematan con 31 puntos na 12ª posición, os mesmos que o RCD Espanyol, 11º.Coa permanencia no peto desde hai semanas, o equipo estará por terceira temporada consecutiva en Liga F.Foron baixa para esta última cita por lesión Hildah Magaia e por sanción Inês Pereira.Así mesmo, Paula Novo e Redru foron as representantes de ANOSACANTEIRA.A primeira metade foi tinerfeña: "Comezaron mellor ca nós. Nós empezamos un pouquiño nerviosas", admitiu Fran Alonso.Así, a colexiada do encontro, a madrileña Alicia Espinosa, anulou dous tantos ao UD Costa Adeje Tenerife a instancia do VAR por falta o primeiro e por entender que o balón traspasara a liña de fondo no pase de gol do segundo.Porén, "chegamos ao descanso con moita confianza", subliñou o adestrador deportivista ante o 0-0 que reflectía o marcador.O partido decidiuse nos primeiros 10 minutos da segunda metade.Nada máis arrincar, Koko adiántase á súa par e logra o primeiro da mañá ao rematar un centro desde a banda esquerda."Ese gol condicionou o partido", apuntou Fran Alonso.De feito, apenas 10 minutos despois, Gramaglia, de penalti por agarrón na área, sentenciou o encontro."Aínda así seguimos intantándoo. Tiramos ao longueiro (Bárbara cunha vaseliña moi afastada). Foi moi difícil para nós e o rival mostrouse moi gañador nos duelos; e custounos ter esa fluidez que normalmente temos", resumiu Fran Alonso.UD Costa Adeje Tenerife: Nay Cáceres, Koko Ange (Castelló, min. 76), Cinta (Jenni López, min. 76), Fatou, Moreno (Pola, min. 76), Quiles (Clau Blanco, min. 65), Aleksandra, Ramos, Elba (Estella, min. 85), Aithihara e GramagliaDeportivo ABANCA: Yohana, Samara (Paula Novo, min. 60), Marina Artero (Barth, min. 60), Elena, Monteagudo, Henar (Lía, min. 74), Paula Gutiérrez, Ainhoa Marín, Bárbara (Lucía Martínez, min. 74), Espe Pizarro e Marisa (Millene, min. 60)Árbitra: Alicia Espinosa, do comité madrileño. Amonestou a Fran Alonso (min. 34), Marina Artero (min. 56), Paula Novo (min. 72) e Yerai Martín (min. 90)Goles: 1-0 Koko Ange (min. 46); 2-0 Gramaglia, de penalti (min. 56)Incidencias: partido disputado no Heliodoro Rodríguez López