
DÉPOR · 31 MAIO 2026
"TOLEMIA" EN ABANCA-RIAZOR PARA DESPEDIR CON HONRAS AO DÉPOR NUN PARTIDO QUE FOI PARA UNHA UD LAS PALMAS QUE SE XOGABA O PLAY OFF
O Dépor concluíu a histórica temporada do regreso a Primera nun ABANCA-RIAZOR ateigado este domingo 31 de maio con derrota por 1-2 ante a UD Las Palmas.Con este resultado, Os Nosos rematan a liga na 2ª posición con 77 puntos.Antonio Hidalgo cualificou o vivido esta tarde en ABANCA-RIAZOR como "tolemia"."A recepción desde que saímos do hotel foi brutal. Ver tanta xente. Vin unha foto panorámica en altura e é brutal. Méréceno, que o gocen a tope, que é unha alegría inmensa para todos", engadiu.Foron baixa David Mella por lesión e Altimira por sanción.Sen nada en xogo, o técnico deportivista deu entrada no once a varios futbolistas que tiveron menos presenza na liga, caso de Germán na portería, Escudero no lateral esquerdo, Cristian Herrera na banda dereita e o canteirán Noé na mediapunta, titular por primeira vez na súa carreira co primeiro equipo.O santiagués Bil e Samu foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Saíu forte a UD Las Palmas, consciente de que necesitaba unha vitoria para meterse no play off.Así, aos 7 minutos, Kirian supera a Germán tras recibir libre de marca de Miyashiro na área deportivista nunha veloz xogada de ataque canaria.Pouco despois, no minuto 18, Marvin coa por toda a escuadra un balón nunha arrancada pola banda dereita. O 0-2 poñía xa o partido moi difícil para o Dépor.Non se renderon Os Nosos. Á media hora, Eddahchouri cruza un balón lonxe do alcance de Dinko Horkas e metía o Dépor no partido.Co 1-2 chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios chegou o carrusel de cambios.Riki, Luismi Cruz, Quagliata e Patiño trataron de achegar máis enerxía a un equipo que levaba toda a semana de celebracións.Antes de deixar o seu sitio a Luismi Cruz, Cristian Herrera estivo a piques de empatar cun gran cabezazo que sacou con moitos apuros Dinko Horkas.A última do encontro foi para Quagliata. O lateral italiano controla un balón co peito e, a pesar de estar moi escorado, saca un potente disparo que obrigou o meta canario a empregarse a fondo.A recta final deixou para a historia o debut de Samu en liga no Dépor. O canteirán, que xa debutara en Copa en Sabadell, relevou no minuto 80 a Arnau Comas.Deportivo: German, Ximo Navarro, Arnau Comas (Samu, min. 80), Dani Barcia, Escudero (Quagliata, min. 70), Jose Ángel (Patiño, min. 70), Mario Soriano (Riki, min. 54), Cristian Herrera (Luismi Cruz, min. 70), Stoichkov, Noé e Eddahchouri.UD Las Palmas: Dinko Horkas, Marvin, Mika Marmol, Álex Suárez, Clemente, Jese (Íker Bravo, min. 70), Manu Fuster (Benedetti, min. 70), Amatucci, Miyashiro, Kirian e Estanis (Jonathan Viera, min. 60)Árbitro: Eder Mallo, do comité castelán-leonés. Amonestou Eddahchouri (min. 39)Goles: 0-1 Kirian (min. 7); 0-2 Marvin Park (min. 18); 1-2 Eddahchouri (min. 28)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 29.795 espectadores


O RC Deportivo condena os actos vandálicos ocorridos en ABANC...

O Orzán SD Xuvenil caeu en Santa Comba no único partido desta...

Derrota intranscendente do Dépor ABANCA en Tenerife para pech...

Resultados deste sábado en ANOSACANTEIRA, con título para o A...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...

Fin de temporada para un Dépor ABANCA que "quere despedirse a...