
DÉPOR · 6 XUÑO 2026
DESDE ABANCA-RIAZOR ATÉ CUATRO CAMINOS: ASÍ VIVIMOS A CELEBRACIÓN DUN ASCENSO PARA A HISTORIA
Hai días que se xogan. E hai días que quedan para sempre.O pasado 31 de maio o deportivismo viviu moito máis ca un partido. Vivíronse apertas, ilusión e a certeza de que unidos, o RC Deportivo e a súa afección son capaces de calquera cousa.As cámaras captaron cada mirada, cada emoción e cada instante dunha xornada inesquecible: desde o encontro ante a UD Las Palmas ata a explosión de ledicia que inundou Cuatro Caminos nunha celebración que ficará gravada na memoria de todo o deportivismo.O ascenso non se entende sen ANOSAFORZA, sen quen nunca deixou de crer, sen quen encheu as bancadas de ABANCA-RIAZOR e fóra, sen quen encheu as rúas e os corazóns de esperanza.É momento de volver sentilo.Podes revivir desde dentro unha data que xa forma parte de ANOSAHISTORIA. Unha viaxe a través das emocións dun día que nos devolveu ao lugar que merecemos.Isto é o Inside do Dépor - UD Las Palmas, isto é o ascenso, isto é A Coruña, isto é ANOSAFORZA.

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...