
DÉPOR · 5 DECEMBRO 2025
DESEÑA O VASO OFICIAL DO DÉPOR
Desde o RC Deportivo queremos que #ANOSAFORZA deixe a súa pegada en ABANCA-RIAZOR creando o deseño do vaso oficial que acompañará a milleiros de afeccionados branquiazuis en cada partido.Se queres formar parte desta iniciativa promovida por Gestán Conteco xunto co RC Deportivo, participa co na creación do deseño do próximo vaso do Dépor que atoparás nas barras de ABANCA-RIAZOR.A túa creatividade pode formar parte do estadio.Se o teu deseño é seleccionado, aparecerá nos seguintes vasos que se vendan nos puntos oficiais de ABANCA-RIAZOR.Aquí tes un exemplo da área de deseño do último vaso do Dépor.

As normas básicas de participación son as seguintes:-O deseño debe axustarse a unha área de 223 × 106 mm.-O deseño debe ser vectorial.-Debe estar feito cunha soa tinta (unha cor sobre fondo branco).-O deseño debe deixar un espazo en branco de 20x20 mm para que o Dépor poida incluír o código QR correspondente a esa campaña, tal e como se mostra no exemplo.-O ficheiro final debe enviarse en formato PDF.Ao pé destas liñas tes un exemplo de 'mockup' do último vaso do Dépor.O prazo conclúe o próximo 31 de decembro.


O Dépor ABANCA viaxa este venres 8 de maio por estrada a Bilb...

Fran Alonso: "Sentímonos con confianza, sentímonos ben, coas ...

Antonio Hidalgo: "Isto vai de estar vivos sempre, de estar vi...

Un Dépor "con confianza pola traxectoria que levamos" abre a ...

Antía Veiga enfróntase a Francia no segundo partido do campio...

Cita esta fin de semana para os equipos infantís de ANOSACANT...