
DÉPOR · 5 AGOSTO 2025
DÍAS "INTENSOS" PARA O DÉPOR, QUE REGRESOU A ABEGONDO A POUCO MÁIS DE 24 HORAS DE MEDIRSE AO REAL OVIEDO EN RIBADEO
Os Nosos volveron este martes á Cidade Deportiva após a súa concentración en Inglaterra da semana pasada, con dous amigables incluídos ante o Watford e o Middlesbrough.Antonio Hidalgo dispón da sesión deste martes e da de mañá mércores ás 10:30 para preparar a 74 edición do Trofeo Emma Cuervo no Estadio Pepe Barrera de Ribadeo ante o Real Oviedo (19:00, ) de LaLiga EA Sports.En rolda de prensa, Giacomo Quagliata asegurou que estes días son "intensos" e admitiu que o grupo "é moi fácil para entrar".O corpo técnico dispuxo após unha roda de pases un exercicio táctico no campo 2 da Cidade Deportiva.Estiveron con adestramento personalizado Ximo Navarro, Arnau Comas, Helton Leite e Mfulu.O fabrilista Damián Canedo estivo co grupo, do mesmo xeito que o central xuvenil Samu e o meta Hugo Ríos.


O Dépor ABANCA viaxa este venres 8 de maio por estrada a Bilb...

Fran Alonso: "Sentímonos con confianza, sentímonos ben, coas ...

Antonio Hidalgo: "Isto vai de estar vivos sempre, de estar vi...

Un Dépor "con confianza pola traxectoria que levamos" abre a ...

Antía Veiga enfróntase a Francia no segundo partido do campio...

Cita esta fin de semana para os equipos infantís de ANOSACANT...