RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O RC Deportivo regresa a Primera División

DÉPOR · 23 MAIO 2026

O RC DEPORTIVO REGRESA A PRIMERA DIVISIÓN

O RC Deportivo certifica o seu regreso a Primera División e volve situarse entre os clubs da máxima categoría do fútbol español nunha tempada especialmente significativa para a entidade, coincidindo co 120 aniversario da súa fundación.O ascenso supón a culminación dun proceso de reconstrución deportiva, económica e institucional desenvolvido durante os últimos anos, tras unha das etapas máis complexas da historia do Club. O Deportivo logrou superar unha situación de enorme dificultade e recuperar, desde o traballo, a estabilidade e a confianza necesarias para volver competir ao máximo nivel.Como un dos 9 clubs campións de Liga do fútbol español, o RC Deportivo recupera hoxe un lugar que forma parte da súa historia, da súa identidade e do seu nivel de esixencia competitiva.Este logro foi posible grazas ao compromiso e ao esforzo de futbolistas, corpo técnico, empregados, patrocinadores e todas as persoas que contribuíron, desde distintos ámbitos, ao crecemento do proxecto durante as últimas tempadas.O Club quere recoñecer de xeito especial o papel fundamental da afección. O deportivismo acompañou ao equipo en todo momento, especialmente nos anos máis difíciles, demostrando unha fidelidade, unha implicación e un sentimento de pertenza exemplares. O apoio permanente en ABANCA-RIAZOR e en cada desprazamento foi unha parte esencial deste camiño.O regreso do Deportivo a Primera División transcende ademais o ámbito deportivo. Supón unha noticia de gran relevancia para A Coruña e para Galicia, territorios cos que o Club mantén un vínculo histórico, emocional e representativo. O RC Deportivo volve situar a Galicia na elite do fútbol español e recupera unha presenza histórica na máxima categoría.O ascenso representa un paso moi importante dentro do proxecto de crecemento do Club, pero tamén implica unha gran responsabilidade. Primeira División esixirá ao Deportivo competir nunha contorna de máxima esixencia deportiva, económica e institucional.Consciente dese desafío, o Club continuará traballando desde a estabilidade, a planificación e a sustentabilidade, fortalecendo a súa estrutura, impulsando o desenvolvemento do talento e consolidando un modelo sólido e competitivo a longo prazo.A unión demostrada entre equipo, afección, cidade e Club durante toda a temporada seguirá sendo un dos principais piares para afrontar esta nova etapa.O obxectivo do RC Deportivo non é unicamente regresar a Primera División, senón consolidarse novamente na elite e seguir construíndo un proxecto con ambición, responsabilidade e visión de futuro.Crer para Ver. Forza Dépor.