
DÉPOR · 27 FEBREIRO 2025
DIEGO GÓMEZ E A SÚA "FELICIDADE MÁXIMA" AO VOLVER AO DÉPOR
Diego Gómez Pérez (31 de xullo de 2004, Amoeiro, Ourense) atendeu este mediodía aos medios na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR confirmada a súa renovación até 2030.En primeiro lugar pousou para os medios gráficos no céspede acompañado por Fernando Soriano, Director de Fútbol do RC Deportivo.Xa ante os medios, desvela que recibiu a chamada do Dépor "comendo en Ourense. Coméntanme que teño que volver e felicidade máxima. Xogar no Deportivo é o meu soño e se me fun cedido é para nalgún momento poder volver. Dixéronme que había opción que volvese e felicidade máxima".Fernando Soriano explica que "a saída de Lucas deixou unha vacante no equipo. Tiñamos pensado buscar un reforzo. Aos cedidos pídeselles esa progresión que a Diego lla estabamos vendo día a día. Non baixara o nivel en ningún momento. O míster colabora nesa decisión de ver que estaba preparado para dar ese salto".Destaca a "predisposición do mozo. Lembro unhas palabras a principio de temporada sobre se buscar unha cesión xa ou empezar co equipo. Acórdome unha frase que nos dixo: 'eu o que quero é xogar no Deportivo, canto antes mellor e da mellor forma. Se o paso que me vai a axudar é irme cedido dareino pero quero que saibades que o meu soño é xogar aquí'. A chamada de decembro para que volvese foi rapidísima. Nin o pensou".Pola súa banda, Diego Gómez sente "orgullo por poder defender a camiseta do Dépor. É moi especial para min e estou moi orgulloso".Acórdase desde "a miña avoa que foi o meu principal apoio desde pequeno até os meus pais, que veñen todas as fins de semana a verme aquí a ABANCA-RIAZOR. E de toda a xente que me axudou a chegar até aquí".

O centrocampista branquiazul afirma levar "con naturalidade" o seu regreso: "Saio cedido ao CD Arenteiro, que é unha categoría menos, a coller minutos, confianza. As cesións fanse para coller nivel e poder regresar ao equipo do que saes cedido. Deuse neste mercado e encantado de estar aquí".É consciente que "subo unha categoría, a esixencia é maior, e encantado de estar aquí e axudar ao equipo".Asume "ben" o ter menos minutos "ao estar na Coruña, que é onde quero estar. Sei que é difícil. Estou centrado en min, en adestrar, en mellorar e cando teña a oportunidade collela e axudar ao equipo".Diego Gómez nota á súa volta que "a Cidade Deportiva está a pegar un cambio espectacular para ben. Ponnos todos os medios que neesitamos para facelo o mellor posible. Nese aspecto noto unha gran mellora".Finalmente, vese ao seu regreso e após xogar asiduamente co CD Arenteiro en Primera Federación con "unha mellora evidente. Son un xogador moito máis maduro. O ano pasado non xogara practicamente en Primera Federación. Este ano nestes primeiros 6 meses tiven a sorte de ter minutos e facelo ben. Notei unha mellora e aínda a noto agora. A Segunda División é un pasiño máis. Noto unha esixencia maior e cando salto ao campo nótase ese ritmo".

Os Nosos volven aos adestramentos este xoves 28 de maio ás 17...

Mauro Valeiro debuta no Europeo sub-17 no once inicial de Esp...

O Dépor e o RC Celta pelexarán este mércores 27 de maio en As...

Este mércores 27 de maio abre a OAD ata as 18:00 e os despach...

Último partido de liga do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR, este...

O corazón de Galicia ríndese ante a épica do Dépor "que todo ...