
DÉPOR ABANCA · 12 AGOSTO 2026
O DÉPOR ABANCA MÍDESE AO FC PORTO NA 14ª EDICIÓN FEMININA DO TROFEO TERESA HERRERA, ESTE XOVES 13 DE AGOSTO ÁS 17:00 EN ABANCA-RIAZOR
O Dépor ABANCA afronta este xoves 13 de agosto unha nova cita coa historia. As Nosas disputarán a 14ª edición feminina do Trofeo Teresa Herrera fronte ao FC Porto, conxunto da Primera División de Portugal, a partir das 17:00 horas. O encontro poderá seguirse en directo a través do canle de YouTube do RC Deportivo.O conxunto dirixido por Alberto Rodríguez volve a ABANCA-RIAZOR coa ilusión de conquistar unha nova 'Torre' e seguir ampliando o brillante palmarés do fútbol feminino deportivista. O Dépor ABANCA suma actualmente cinco Trofeos Teresa Herrera, aos que se engade o conquistado polo Deportivo ABANCA B en 2020.O duelo ante o FC Porto será ademais o terceiro compromiso de preparación de As Nosas nesta pretempada. O equipo chega á cita despois de imporse con contundencia ao Sporting de Gijón (9-0) no Trofeo Emma Cuervo, despois de ter iniciado o seu calendario de amigables cun empate sen goles ante o Athletic Club en Luanco.A cita servirá tamén para continuar avanzando na preparación de cara a unha nova tempada na Liga F, co equipo afianzando conceptos e acumulando minutos de competición ante rivais de esixencia.

Alberto Rodríguez non poderá contar nesta ocasión con Marisa e Ainoa Gómez, concentradas coa selección española sub-20, nin con Merle Barth, que seguirá un plan de control de cargas.Unha nova oportunidade, por tanto, para que o Dépor ABANCA e a súa afección volvan atoparse nunha competición cun significado especial para o deportivismo.A 'Torre' volve estar en xogo e As Nosas queren que quede na casa.

Alberto Rodríguez cre que, malia a derrota, "o equipo está ad...

Segundo partido de Bright Ede con Polonia sub-21, este luns 5...

Sofía Domínguez incorpórase este luns 5 de outubro á selecció...

O primeiro gol de Nsongo Bil con Camerún chegou este sábado 3...

Resultados deste sábado 3 de outubro en ANOSACANTEIRA e calen...

As Nosas adestran de novo este domingo 4 de outubro ás 10:15 ...




