RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor, consciente da dificultade do que vén por diante, regresa a LaLiga EA Sports este luns 17 de agosto ante o Elche CF en ABANCA-RIAZOR despois de 3.011 días

DÉPOR · 16 AGOSTO 2026

O DÉPOR, CONSCIENTE DA DIFICULTADE DO QUE VÉN POR DIANTE, REGRESA A LALIGA EA SPORTS ESTE LUNS 17 DE AGOSTO ANTE O ELCHE CF EN ABANCA-RIAZOR DESPOIS DE 3.011 DÍAS

3.011 días, 8 anos e ata 2 categorías polo medio. Ese é o tempo transcorrido entre aquel 20 de maio de 2018, cando o Dépor disputou o seu último partido en Primera División en Mestalla, e este 17 de agosto de 2026, cando ABANCA-RIAZOR volverá abrir as súas portas ás 21:00 para recibir un partido da máxima categoría, neste caso co Elche CF como rival (Dazn).Foron anos difíciles, de xornadas de frustración e de momentos nos que tocou levantarse unha e outra vez.Desde aquel Valencia 2 - Dépor 1 ata hoxe pasaron 3.011 días. Máis de 8 anos nos que o escudo seguiu latexando coa mesma forza e nos que xeracións enteiras aprenderon que ser do Dépor tamén significa estar cando máis custa.E agora, por fin, chega o momento de volver.O 17 de agosto de 2026, ABANCA-RIAZOR volverá estar en Primera División. Volverán os grandes partidos, as noites especiais, volve o Dépor ao lugar que durante tantos anos foi a súa casa.Antonio Hidalgo asegurou na sala de prensa que o vestiario é consciente da "dificultade do que vén por diante. Hai que prepararse da mellor maneira posible porque isto arrinca mañá".O equipo realizou este domingo 16 de maio a última sesión no Dépor Training Center.Con todo o cadro sobre o céspede, o corpo técnico dispuxo, tras un quecemento, un ensaio de accións a balón parado, un exercicio táctico en forma de partido e unha tarefa de finalizacións para concluír.O adestrador branquiazul lembra non obstante que "hai xogadores que estiveron tempo fóra e tentaremos utilizalos da mellor maneira posible".Kevin foi o representante de ANOSACANTEIRA posto que Noé se recupera dun escordadura no seu nocello esquerdo. "Vai ter para unhas cantas semanas", vaticinou o preparador branquiazul.Sobre o primeiro, Hidalgo afirmou que "xa o coñeciamos do verán pasado. Decidiu marcharse. Nós dixémoslle que esperase pero tomou a decisión de querer marchar. Este ano volveu e rendeu a moi bo nivel especialmente nos últimos partidos. Vai ser un xogador que empece no filial. Vai estar con nós adestrando tamén e veremos as posibilidades. A competencia é leonina e vai haber moito xogador cando estea todo o mundo dispoñible".

kevin0816.jpg

O deste domingo 16 non é o último adestramento do Dépor posto que o luns 17, o mesmo día do partido, haberá unha activación suave para os futbolistas no propio ABANCA-RIAZOR.Pola súa banda, o Elche CF, que a pasada campaña rematou na 15ª posición de LaLiga EA Sports con 43 puntos, reforzouse con futbolistas como os dianteiros Ezequiel Ponce, Fer Niño e Abiel Osorio; os centrocampistas Facundo Bueonanotte, Javi Morcillo e Gonzalo Villar; o central Víctor Chust; ou o lateral dereito Buba Sangaré, que xa estaba cedido desde xaneiro pola AS Roma.Nesta pretemporada, os ilicitanos venceron ao Kaizer Chiefs de Sudáfrica (2-1) e ao Toulouse (3-0); e empataron co Johor FC de Malaisia (0-0), co Al Ain (2-2) dos Emiratos Árabes e co Córdoba CF (2-2).Unha vez rematado o encontro, Os Nosos adestraranse de novo o martes 18 de agosto ás 11:00 no Dépor Training Center.

  • ferllo0816.jpg
  • quagliata0816.jpg
  • deportivo0816.jpg
  • lucasnoubi0816.jpg
  • angeliño0816.jpg