RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Intenso traballo prepartido no Dépor Training Center co estreo do canteirán David Vergara no primeiro equipo

DÉPOR · 15 AGOSTO 2026

INTENSO TRABALLO PREPARTIDO NO DÉPOR TRAINING CENTER CO ESTREO DO CANTEIRÁN DAVID VERGARA NO PRIMEIRO EQUIPO

O Dépor fixo fincapé este sábado 15 de agosto na preparación do partido ante o Elche CF deste luns 17 de agosto ás 21:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR.Así, Antonio Hidalgo dispuxo un traballo táctico despois dunha activación cun exercicio de finalizacións para concluír.Todo o persoal estivo sobre o céspede, ademais de Kevin e o fabrilista David Vergara Basalo (Narón, A Coruña, 18 de febreiro de 2007).O central do filial estréase así nunha sesión de traballo co primeiro equipo e cumpre un dos seus soños desde a súa chegada ao Club no primeiro ano de benxamín.A pasada campaña, Vergara (na foto principal da nova), disputou 22 partidos, 19 deles como titular, no Xuvenil A da División de Honra.

ferllo0815.jpg

A única ausencia foi a de Noé, cun escordadura no nocello esquerdo que o obrigou a retirarse aos 22 minutos do partido ante o Real Madrid CF.Achégase pois a competición e queda atrás unha pretemporada con xira incluída, 7 amigables e momentos tamén divertidos como o que protagonizaron dous italianos, Giacomo Quagliata e Lorenzo Amatucci, durante a concentración en Coverciano e que podes ver ao pé destas liñas.

Este domingo 16 de agosto ás 10:30, Os Nosos completarán a última sesión de traballo no Dépor Training Center antes do choque ante os ilicitanos.

O luns 17, día do partido, ás 11:00 queda programada unha sesión suave de activación no propio Estadio ABANCA-RIAZOR.

  • villares0815.jpg
  • brightede0815.jpg
  • hidalgo0815.jpg
  • luismi0815.jpg
  • vergara0815.jpg
  • gijselhartyjensen0815.jpg