RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fernando Soriano: "O noso proxecto non vai de vender, vai de ter os xogadores que queremos o maior tempo posible"

DÉPOR · 15 AGOSTO 2026

FERNANDO SORIANO: "O NOSO PROXECTO NON VAI DE VENDER, VAI DE TER OS XOGADORES QUE QUEREMOS O MAIOR TEMPO POSIBLE"

Fernando Soriano subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center tras a presentación oficial de Angeliño que "a nosa situación como Club e o noso proxecto non van de vender, van de ter os xogadores que queremos o maior tempo posible. Non imos ser un equipo que se vaia diluíndo pouco a pouco".Nesa liña, o Director de Fútbol do RC Deportivo deixa claro que "se o xogador non dá un paso adiante cunha proposta súa de 'oye quiero salir' o Club non a vai dar".Asegurou estar "tranquilos ata certo punto. O mercado está aberto, e non só por Yeremay. Hai xogadores que están a moi bo nivel, cunha boa idade. Estamos sempre pendentes e preparados por se xurdise ese momento".Fernando Soriano explica a renovación de Antonio Hidalgo ata 2028 "primeiro por confianza, por rendemento, por crecemento. É máis que merecido que polo traballo que fixo o míster reciba esta confianza por parte do Club. Demostra o que se lle valora". "Cremos que é un adestrador que está dando pasos importantes, integrouse perfectamente. Entende moi ben o que o Club busca de alguén que dirixa o noso equipo", engadiu.En canto a obxectivos, apunta que "para nós a permanencia é algo prioritario. Sabemos que vai ser un ano moi complicado para o Club, para o míster, para todos porque nos vai tocar sufrir nunha liga moi competitiva. Sabemos as esixencias que che presentan pero temos claro que ese é o noso obxectivo".Sobre a saída de futbolistas, recalca que "os xogadores que están xogando menos son coñecedores da súa situación profesional e deportiva. A partir de aí estanse buscando solucións da mellor forma para o futuro de todos eles. Non é doado, non é sinxelo, non é rápido pero estes procesos sempre se dan en todas as pretempadas".E finalmente sobre as fichaxes de aquí ao final de mercado, Fernando Soriano manifestou que "falabamos de 2 ou 3. Fíxose Angeliño. O normal é que haxa 1 ou 2 incorporacións máis".