RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA mide a súa progresión coa visita ao potente Real Madrid CF, este domingo 16 ás 20:00 horas

DÉPOR ABANCA · 15 AGOSTO 2026

O DÉPOR ABANCA MIDE A SÚA PROGRESIÓN COA VISITA AO POTENTE REAL MADRID CF, ESTE DOMINGO 16 ÁS 20:00 HORAS

O Dépor ABANCA enfrontarase ao Real Madrid CF, vixente subcampión da Liga F, nun esixente encontro amigable que se disputa este domingo 16 de agosto ás 20:00 horas na Ciudad Real Madrid.O partido suporá unha excelente proba para o equipo deportivista no seu camiño cara ao inicio da Liga F. Medirse a un dos conxuntos máis potentes do fútbol español permitirá a As Nosas seguir medrando competitivamente e continuar afinando a súa preparación ante un rival do máximo nivel.As Nosas chegan ao choque tras unha semana emocionante e especial.O martes 11 de agosto confirmouse o regreso dunha das futbolistas de máis alto nivel: a internacional portuguesa Inês Pereira será xogadora blanquiazul ata 2029.

inespereira0815.jpg

Ao día seguinte, mércores 11, antes de comezar a 81 edición do Trofeo Teresa Herrera masculino, Redru e Lucía Rivas recibiron o cariño de ABANCA-RIAZOR despois de proclamarse campioas de Europa sub-19 (na foto ao pé destas liñas). Faltou Ainoa Gómez, que está coa selección sub-20.

redruyluciarivas0815.jpg

E o xoves 12 as pupilas de Alberto Rodríguez conquistaron a 14ª edición do Trofeo Teresa Herrera cun partido moi completo fronte ao FC Porto.O duelo contra o Real Madrid CF será o cuarto compromiso de preparación nesta pretempoada. Os resultados do conxunto de Alberto Rodríguez complétanse cunha goleada ao Sporting de Gijón (9-0) no Trofeo Emma Cuervo e cun empate sen goles fronte ao Athletic Club en Luanco.Son baixa para o choque Espe Pizarro, por control de cargas; e Merle Barth, con unhas molestias na planta dun pé.Tampouco estarán Marisa e a citada Ainoa Gómez, concentradas coa selección española sub-20 de cara ao vindeiro Campionato do Mundo da categoría.O Dépor ABANCA completou este sábado 15 de agosto no Dépor Training Center a última sesión de traballo previa ao encontro antes de viaxar a Madrid o mesmo domingo 16, día do partido.

elenavazquez0815.jpg

Pola súa banda, o Real Madrid CF venceu nesta pretemporada ao Tottenham Hotspurs (1-2), Crystal Palace (2-0) e Madrid CFF (2-0); e caeu fronte ao Sevilla FC (2-4).Unha vez rematado o encontro, As Nosas adestraranse o luns 17 en Madrid antes de emprender a viaxe de regreso a A Coruña.

  • tarazona0815.jpg
  • abanca0815.jpg
  • michiapostol0814.jpg
  • olaya0815.jpg
  • millene0815.jpg