RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Andrea Tarazona, na súa presentación, afirma que o Dépor "é un club que desde hai moitos anos vén facendo as cousas moi ben"

DÉPOR ABANCA · 14 AGOSTO 2026

ANDREA TARAZONA, NA SÚA PRESENTACIÓN, AFIRMA QUE O DÉPOR "É UN CLUB QUE DESDE HAI MOITOS ANOS VÉN FACENDO AS COUSAS MOI BEN"

Andrea Tarazona Brisa (Riba-roja de Túria, Valencia, 21 de marzo de 2004) foi presentada este venres como nova xogadora do Dépor ABANCA até xuño de 2027, con posibilidade de ampliación.Acompañada por Kevin Cabado, a nova gardameta deportivista posou en primeiro lugar para os medios gráficos no campo Arsenio Iglesias.Xa na sala de prensa, o responsable do Dépor ABANCA deulle a benvida e asegurou que "estamos moi contentos de que poida estar aquí. É unha xogadora cunha traxectoria importante, internacional en categorías inferiores, mundialista sub-20, internacional sub-23... Aínda que é noviña xa xogou mesmo competicións europeas. Vaínos achegar moito".Ademais recalcou que, tras as referencias recollidas pola Dirección Deportiva, "é un '10' no vestiario. É algo que estamos a construír e que se está vendo cara a fóra. Quedan grandes tardes e grandes noites por vivir con ela".

tarazona0814.jpg

Pola súa banda, Andrea Tarazona afirma que o Dépor "é un club que desde hai moitos anos vén facendo as cousas moi ben. Cando me presentaron o proxecto non dubidei porque á sección feminina lle dan moita importancia. É algo que te chama e che achega moito á hora de decidir".A nova gardameta de As Nosas opina que co Trofeo Teresa Herrera, "mellor estrea imposible. É un trofeo importante para a afección. Queríamos celebralo con eles".Ve a un Dépor ABANCA "con ganas, con fame. ABANCA-RIAZOR é espectacular, é un escenario no que todo futbolista desexa xogar. Estou desexando que empece xa a liga".

presentaciontarazona0814.jpg

Preguntada pola chegada de Inês Pereira, Tarazona indica que "confío moito en min. Estou moi centrada no meu. Vou tentar aprender todo o posible de Inês, que é unha porteraza. Eu son partidaria desa competitividade sa cada día porque é o que fai mellorar. O meu obxectivo é poñerllo complicado ao míster e que el xa decida".Finalmente márcase como obxectivo "defender o escudo do Dépor cada día, gañar o máximo número posible de partidos e estar aí arriba"-