RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Millene: "Encántame o grupo que hai"

DÉPOR ABANCA · 14 AGOSTO 2026

MILLENE: "ENCÁNTAME O GRUPO QUE HAI"

Millene Cabral atendeu aos medios de comunicación unha vez concluída a 14ª edición do Trofeo Teresa Herrera.A dianteira brasileira recoñece que faltou "un pouco de tranquilidade na área" ante a avalancha de ocasións, pero "o importante é crear, xerar e marcar tamén para que saiamos coa vitoria".Quédase co "traballo do equipo. Vimos dun proceso, estámolo cumprindo. En cada partido marcámonos obxectivos e o equipo está respondendo. Queremos chegar o mellor posible ao inicio de temporada".A futbolista branquiazul advirte que "somos un equipo moi novo este ano e é algo novo para min tamén. Encántame a enerxía, encántame o grupo que hai. A xente nova sempre ten cousas que achegar".Insiste en que as novas incorporacións "teñen moito que achegar aínda que sexan novas".A nivel persoal, Millene asegura estar "moito mellor. Por fin podo ter un pouco de continuidade, volver ter boas sensacións. Fisicamente aínda me falta. Isto é un proceso, hai que seguir traballando. Estou niso e moi contenta".Do técnico, Alberto Rodríguez, opina que "é unha cara coñecida, e iso é importante para a confianza do grupo. Estamos traballando moi ben. É bo que xa nos coñezamos. Estamos abertas ao traballo do míster, á súa idea, a adaptarnos ao seu estilo de xogo e ter personalidade no campo, que é o máis importante".