
DÉPOR · 14 AGOSTO 2026
YEREMAY, ALTIMIRA E JENSEN COMPLETAN ESTE XOVES 14 TODO O ADESTRAMENTO CO GRUPO
Yeremay, Altimira e Jensen foron a noticia positiva deste xoves 14 de agosto.Na semana da estrea en LaLiga EA Sports, os 3 futbolistas, que estaban no proceso de incorporación ao traballo de grupo, completaron con normalidade a sesión diaria.Quedan por diante 2 sesións antes do partido deste luns 17 de agosto ás 21:00 (Dazn) ante o Elche CF para medir a progresión dos citados xogadores.Fernando Soriano asegurou en rolda de prensa sobre o atacante canario que "agora está moi ben. Leva 2 días facendo unha gran porcentaxe do adestramento a un nivel moi bo, practicamente sen dor e sen molestias. Entra na recta final".

Antonio Hidalgo tivo pois a todos os seus futbolistas sobre a herba agás Noé, con un escordadura no seu nocello esquerdo.Bil e Kevin foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Precisamente sobre este último, o Director de Fútbol do RC Deportivo explicou que "vai estar en plantilla Fabril. Desde o día 1 estivo en dinámica do primeiro equipo. Estase gañando seguir nesa dinámica. Os minutos que está saíndo está defendendo moi ben as súas cualidades".Engade que "é un xogador que nunha plantilla nunca sobra porque cho vai dar todo, con maior ou menor acerto, con maior ou menor calidade, finura... Son xogadores que arrastran. Estamos en Primeira e a competitividade é máxima. Vai haber momentos nos que el vai chegar con iso, noutros vailles faltar algo. Pero aí estará o míster. Só teño boas palabras cara a el".O corpo técnico dispuxo un exercicio táctico, un xogo de posición e fútbol-tenis para concluír.Este sábado 15 de agosto, Os Nosos adéstranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.

Resultados deste venres, con dobre empate do Fabril en Cambad...

Andrea Tarazona, na súa presentación, afirma que o Dépor "é u...

'Angeliño', na súa presentación: "Estiven en varios sitios e ...

Millene: "Encántame o grupo que hai"

BUALÁ renova o seu compromiso co RC Deportivo e continuará co...

O RC Deportivo habilita a cesión e a liberación de localidade...




