RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor regresou aos adestramentos de cara á despedida ligueira deste domingo 31 de maio ante a UD Las Palmas en ABANCA-RIAZOR

DÉPOR · 28 MAIO 2026

O DÉPOR REGRESOU AOS ADESTRAMENTOS DE CARA Á DESPEDIDA LIGUEIRA DESTE DOMINGO 31 DE MAIO ANTE A UD LAS PALMAS EN ABANCA-RIAZOR

O Deportivo regresou este xoves 28 de maio pola tarde aos adestramentos no Dépor Training Center.Despois duns días inesquecibles para club e afección derivados do regreso a Primera División, cuxos mellores momentos podes ver neste vídeo ao pé destas liñas, tócalle preparar o último partido de liga fixado para este domingo 31 de maio ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR coa UD Las Palmas como rival.En xogo está o título de campión de liga. Agora mesmo o Real Racing Club suma 79 puntos por 77 o Dépor. Así pois, Os Nosos necesitan vencer aos canarios e que os cántabros perdan en El Sardinero ante o Cádiz CF.

Toda a plantilla, agás Mella, saltou ao céspede da cidade deportiva branquiazul.O corpo técnico dispuxo unha activación con roda de pases, uns rondos e un xogo de posición.Bil, Noé e Samu foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este venres, Os Nosos volven aos adestramentos a partir das 11:00 no Dépor Training Center.

  • quagliata.jpg
  • villares.jpg
  • joseangel.jpg
  • bil.jpg
  • mariosoriano.jpg