
CANTERA · 29 MAIO 2026
MAURO VALEIRO PARTICIPA NO TRIUNFO ANTE BÉLXICA QUE SITÚA ESPAÑA LÍDER DO SEU GRUPO NO EUROPEO SUB-17
Foto:@rfef.es
Mauro Valeiro está concentrado coa selección española sub-17 na fase final do Campionato de Europa da categoría que se xoga en Estonia.O canteirán deportivista (na foto co dorsal 8) tamén participou no triunfo ante Bélxica por 0-1 que colocou a España como líder do seu grupo con 6 puntos.Mauro Valeiro relevou no 90 a Ebrima Tunkara para xogar os últimos minutos e manter a posesión da pelota cun marcador axustado.O centrocampista coruñés arrancou o campionato no once inicial e cunha goleada por 1-4 á anfitrioa Estonia.España pecha esta primeira fase o domingo 31 de maio ás 13:30 (Teledeporte) ante Croacia. Os croatas caeron ante Bélxica (0-2) e superaron a Estonia (1-3).O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FaseLuns 25 de maioESTONIA 1 - ESPAÑA 4Xoves 28 de maioBÉLXICA 0 - ESPAÑA 1Domingo 31 de maio13:30: ESPAÑA - CROACIA, no Rakvere linnastaadion de RakvereMauro Valeiro esta campaña proclamouse con este combinado nacional campión do torneo internacional no Algarve (Portugal), ademais de ter disputado a Ronda 2 de clasificación.O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na tempada 2017-18, xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16.Esta campaña finalizou a División de Honor no Juvenil A con 23 partidos disputados, 18 deles como titular, e 2 goles marcados.

Antonio Hidalgo: "Explicáranme o que era A Coruña, pero calqu...

Declarado no Dépor Training o estado de "felicidade inmensa"

Primeiros partidos dos torneos da fin de semana en ANOSACANTE...

O Dépor regresou aos adestramentos de cara á despedida liguei...

O Dépor ABANCA Xuvenil pecha a súa participación no Torneo Pa...

Fran Alonso, tras o seu último partido en ABANCA-RIAZOR: "O D...