
DÉPOR · 21 MAIO 2026
O DÉPOR REPASA O PLAN PARA "UN PARTIDO MOI DIFÍCIL" PERO COA "IDEA CLARA DO QUE HAI QUE FACER"
O Dépor ensaiou este xoves 21 de maio no campo 2 o plan para o encontro deste domingo 24 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) ante o Real Valladolid no Estadio José Zorrilla.Historicamente, o escenario desta penúltima xornada é un campo complicado.O equipo deportivista visitou o José Zorrilla en 49 ocasións entre Primera, Segunda e Copa cun balance de 30 vitorias do Real Valladolid e 12 empates. É dicir, só 7 triunfos nesas 49 visitas.En Segunda, o dato é aínda máis duro: só 3 vitorias en 15 encontros. O conxunto pucelano gañou 10 e empatou 2 das 15 visitas do Dépor.Así pois, no que é a actual Liga Hypermotion, Os Nosos só gañaron o 20% das súas visitas a Valladolid.

Sergio Escudero, con ascensos e títulos europeos ás súas costas na súa dilatada traxectoria profesional, admite que "a ilusión está aí pero nós dentro do Club facemos o que toca todas as semanas, o mesmo que todas as semanas, preparar o partido, ter clara a idea que imos levar".O lateral deportivista advirte que Os Nosos están ante "un partido moi difícil" pero "imos levar a idea clara do que hai que facer. E iso vai ser o que che vai permitir deixar os nervios atrás e xogar como calquera fin de semana".Con só Mella con adestramento personalizado, Bil, Noé e Samu foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este venres 22 de maio, o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 no Dépor Training Center.

Tarde inesquecible na sede de Alvedro da Dépor Escola Feiraco...

Inês Pereira mídese con Portugal a Letonia e Finlandia este m...

Mario Soriano quere "seguir con esa ilusión, con esa ambición...

O Dépor céntrase en "preparar a semana" para o partido de Val...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, cunha única cita liguei...

Marisa conclúe este mércores 20 de maio unha nova concentraci...




