
DÉPOR · 22 XULLO 2026
O DÉPOR CÉNTRASE NO AMIGABLE DESTE SÁBADO 25 NO ESTADIO CARLOS TARTIERE, O PRIMEIRO DE "CATRO PARTIDOS BASTANTE SERIOS NESTAS DÚAS SEMANAS"
O Dépor centrouse este mércores 22 de xullo na preparación do amigable deste sábado 25 de xullo ás 19:30 (YouTube RC Deportivo) no Estadio Carlos Tartiere fronte ao Real Oviedo.Fernando Soriano lembrou esta mesma semana na sala de prensa do Dépor Training Center que "os partidos de pretemporada son moi importantes" e que "estamos vendo o nivel dos xogadores".Advirte que os amigables que veñen agora (Real Oviedo, CD Lugo, ACF Fiorentina e Genoa CFC) "van ser máis esixentes e imos poder detectar se vemos algunha carencia. Nestas 2 semanas temos 4 partidos bastante serios e poderemos ir tomando decisións nalgún posto máis específico".

O corpo técnico dispuxo, tras unha activación con rondo, un xogo de posición e un partido.Yeremay, Mella, Loureiro, Bouldini e Alti estiveron con adestramento personalizado co readaptador, Nando Rodríguez.Así mesmo, Bil, Noé, Kevin Sánchez, Guerrero e Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 23 de xullo Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Á venda 1.500 entradas para o amigable en Oviedo deste sábado...

Bright Ede destaca do Dépor que "temos moitos xogadores novos...

Esixente sesión para Os Nosos con traballo físico e táctico

Diego Gómez, cedido á SD Huesca

O Dépor Training Center, Zas, Cuntis e o colexio Santa María ...

Elsa Ayats, nova xogadora do Dépor ABANCA B





