
DÉPOR · 21 XULLO 2026
BRIGH EDE DESTACA DO DÉPOR QUE "TEMOS MOITOS XOGADORES NOVOS" E SUBLIÑA QUE NO DÉPOR TRAINING CENTER "TEMOS TODO O QUE PRECISAMOS"
Bright Ede (Varsovia, Polonia, 18 de febrero de 2007) foi presentado este mediodía como novo xogador do RC Deportivo até xuño de 2031.Tras posar para os medios gráficos no campo Arsenio Iglesias, Fernando Soriano exerceu de anfitrión na sala de prensa.Despois de darlle a benvida, o Director de Fútbol do RC Deportivo definiu ao novo defensor deportivista como "un xogador moi rápido, contundente, gañador de duelos... Con balón sabe combinar e filtrar moi ben balóns cara adiante".Advirte, iso si, que ten 19 anos: "É novo, chega a un país novo, cultura nova... O míster está a traballar moito con el tácticamente para que esas virtudes que ten sexan máis determinantes e que nos poida axudar moito".

Pola súa banda, Bright Ede subliñou que o Dépor "é un gran club cunha gran historia. Tamén temos moitos xogadores novos e é bo para o meu crecemento. As instalacións son boas. Temos todo o que precisamos para facer grandes cousas. Quero axudar o equipo a ser cada vez mellor e tamén medrar eu mesmo".Insiste en que se sente "moi ben. O equipo acolleume moi ben e tamén o corpo técnico. Estou desexando que cheguen as próximas semanas, os seguintes amigables. Estou centrado en falar castelán. Xa comecei coas clases. Agardo que en poucos meses a rolda de prensa a fagamos en castelán".O central deportivista pensa do seu contrato longo que "significa que o Club confía en min. E para min é moi positivo que nós queiramos crear unha relación a longo prazo".Bright Ede vese como "un defensa sólido con cualidades defensivas: son rápido, forte. Tamén podo xogar o balón, conducilo, pasalo entre liñas".

Finalmente, asegura que "quero que o equipo medre. Vin aquí tamén para ser un xogador importante pero tamén para medrar eu mesmo".Confesa ter visto moitos partidos da Primera División, que definiu como "moi técnica" e confesou "estar desexando que comece".

Esixente sesión para Os Nosos con traballo físico e táctico

Diego Gómez, cedido á SD Huesca

O Dépor Training Center, Zas, Cuntis e o colexio Santa María ...

Elsa Ayats, nova xogadora do Dépor ABANCA B

Aubameyang xa se adestra no Dépor Training Center ás órdenes ...

Rival de postín para o Dépor ABANCA, o domingo 16 de agosto a...