
DÉPOR · 5 XULLO 2026
O DÉPOR E BMW UNEN OS SEUS CAMIÑOS ATA 2028 NUNHA ALIANZA ESTRATÉXICA PARA ACOMPAÑAR O REGRESO DO CLUB Á ELITE
O Dépor e BMW Novomóvil alcanzaron un acordo de patrocinio polo que a marca automobilística convértese en Patrocinador Premium e Coche Oficial do Club ata xuño de 2028, acompañando ao Dépor nunha nova etapa marcada polo seu recente regreso a Primera División.Despois de 8 temporadas fóra da máxima categoría do fútbol español, o Dépor afronta un ilusionante ciclo de crecemento deportivo e institucional.Neste contexto, a incorporación de Novomóvil como socio estratéxico supón a unión de dúas entidades que comparten valores como a excelencia, a ambición, a innovación e a procura constante do máximo rendemento.Grazas a este acordo, Novomóvil terá unha presenza salientable dentro dos activos de patrocinio do Club, alén de converterse no provedor oficial de vehículos para a entidade branquiazul.

Esta alianza nace nun momento especialmente significativo para o deportivismo. O regreso a Primera División representa non só un éxito deportivo, senón tamén o inicio dunha nova etapa de consolidación e crecemento para unha das institucións históricas do fútbol español.A incorporación dunha marca líder e referente internacional como BMW reforza a capacidade do Club para atraer socios estratéxicos de primeiro nivel neste novo escenario.Durante a vixencia do acordo, ambas as entidades traballarán conxuntamente en diferentes iniciativas e activacións dirixidas a achegar a marca BMW Novomóvil á comunidade deportivista, xerando experiencias de valor para afeccionados, clientes e empresas vinculadas ao Club.Con esta alianza, Novomóvil e o RC Deportivo inician un camiño común que mira ao futuro con ambición, confianza e a vontade compartida de seguir crecendo desde o liderado, a innovación e a paixón por superar novos retos.


Catro adestramentos, FC Porto e Real Madrid CF, todo nunha es...

Fin da pretemporada do Dépor cunha brillante edición do Trofe...

O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...