RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Fabril, a «intentar aproveitar esa enerxía extra que nos dá ABANCA-RIAZOR» este domingo 13 de setembro ás 16:00 ante a SD Ponferradina

DÉPOR FABRIL · 12 SETEMBRO 2026

O FABRIL, A «INTENTAR APROVEITAR ESA ENERXÍA EXTRA QUE NOS DÁ ABANCA-RIAZOR» ESTE DOMINGO 13 DE SETEMBRO ÁS 16:00 ANTE A SD PONFERRADINA

O Fabril recibe este domingo 13 de setembro ás 16:00 (Fan Play TV) á SD Ponferradina no segundo partido consecutivo en ABANCA-RIAZOR, 3º da liga.O filial deportivista chega ao encontro tras o empate (1-1) da pasada fin de semana ante o CP Cacereño, co que sumou o seu primeiro punto en Primera Federación.Manuel Pablo espera na bancada «bo ambiente. O outro día foron mil e algo. Esperaba algo máis. Aínda estamos a comezos de setembro».Asegura que «sentímonos cómodos en ABANCA-RIAZOR e imos tentar aproveitar esa enerxía extra que nos dan o estadio e a afección que temos detrás».Perde o encontro Manu Serrano, que sufriu unha fractura no tabique nasal e na órbita dereita no pasado partido ante o CP Cacereño.O técnico fabrilista apuntou que o futbolista madrileño «estivo aquí o mércores. Aínda tiña a inchazón lóxica do golpe e apenas podía abrir o ollo. É bastante forte, porque nin dor nin queixas. Ten que estar un tempo parado ata que o revisen o día 24. A partir de aí comezará a adestrar. Terá que levar unha máscara».Así mesmo, confirmou que «contamos cos mesmos do outro día. Ás baixas aínda lles queda algún tempo. Máis preto están Manu Ferreiro, Noé e Dipanda. Os demais (Damián Canedo e Jairo) xa son de longa duración».Pola súa banda, a SD Ponferradina, na que militan os exdeportivistas Borja Valle e Pablo Muñoz, é 8º na táboa con 4 puntos. Os bercianos venceron por 0-1 á UD Ourense na súa única saída no que vai de competición.O seu técnico, Mehdi Nafti, confesa que en ABANCA-RIAZOR «teño recordos agridoce. Gañei un par de veces co Racing de Santander. Tamén sufrín a lesión máis grave nun partido amigable co Birmingham City, acabado de fichar. Perdín o equilibrio e rompín o xeonllo. Foi o meu último recordo».Sostén que o seu equipo chega «ben, aínda que con baixas. Slavy non chegará, aínda que o seu proceso de recuperación vai ben. As baixas son José de León, cunha molestia nun adutor; Quicala, cunha molestia nun xemelgo; Faye, por cuestións de documentación… E xa é suficiente», concluíu.