
DÉPOR ABANCA · 29 SETEMBRO 2025
ELENA VÁZQUEZ E REDRU, CITADAS POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-19 PARA UNS ADESTRAMENTOS
Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007) e Paula Redruello Fernández (21 de xaneiro de 2007, Oviedo) 'Redru' foron convocadas pola selección española sub-19 para uns adestramentos que terán lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi do luns 6 ao mércores 8 de outubro.A primeira delas, a pesar da súa mocidade, xa é futbolista do primeiro equipo para todos os efectos mentres que Redru foi unha das sensacións da pretemporada ao ser habitual nos amigables do Dépor ABANCA.Até a data, Elena Vázquez, con contrato no Club até xuño de 2028, participou en 4 partidos en Liga F, 3 deles como titular.Pola súa banda, Redru tivo minutos en 4 partidos co Dépor ABANCA, 1 deles como titular.


Celebrado o primeiro Foro Social do RC Deportivo; un espazo d...

A deportivista Marisa, citada para uns adestramentos coa sele...

O RC Deportivo e a Fundación RC Deportivo impulsan o seu proc...

Primeira sesión da semana do Dépor coa enerxía posta unicamen...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

O FC Barcelona, a SD Eibar e o SL Benfica serán os rivais do ...