RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Empate "con sensación amarga" do Dépor ABANCA ante o RCD Espanyol nun partido con "cousas moi rescatables" para As Nosas

DÉPOR ABANCA · 27 SETEMBRO 2026

EMPATE "CON SENSACIÓN AMARGA" DO DÉPOR ABANCA ANTE O RCD ESPANYOL NUN PARTIDO CON "COUSAS MOI RESCATABLES" PARA AS NOSAS

O Dépor ABANCA empatou (1-1) co RCD Espanyol este domingo 27 de setembro en ABANCA-RIAZOR, nun partido correspondente á 5ª xornada da Liga F.Con este resultado, As Nosas suman 5 puntos na 13ª posición.Alberto Rodríguez falou na rolda de prensa posterior ao partido dunha "sensación amarga" malia seguir sumando.Foron baixa Marisa García e Ainoa Gómez, que este mesmo domingo 27 se proclamaron en Polonia campioas do mundo sub-20.Ademais, perderon o encontro por lesión Andrea Tarazona e Eva Alonso.Pola contra, Merle Barth xa puido polo menos sentar no banco, superadas as súas molestias na planta do pé que a mantiveron afastada do grupo varias semanas durante a pasada pretemporada.A atacante Karla foi a representante de ANOSACANTEIRA.Pola súa banda, o RCD Espanyol das exdeportivistas Raquel e Paula Gutiérrez chegaba a ABANCA-RIAZOR cos mesmos puntos que o Dépor ABANCA.Os primeiros compases foron moi igualados e sen apenas chegadas perigosas ás dúas áreas.O primeiro disparo entre os tres paus chegou pasado o cuarto de hora. Nunha transición deportivista, o balón cáelle a Lucía Pardo, pero o seu disparo raso vai ás mans de Muñoz.Mentres tanto, o conxunto espanyolista apenas pisou a área de Inês Pereira.Á media hora, noutra contra protagonizada por Vega pola banda esquerda, Lucía Pardo remata ao pau esquerdo da portería do RCD Espanyol.Na xogada seguinte adiantouse o equipo catalán. Iara gáñalle a partida a Caracas, plántase ante Inês Pereira e coloca o balón lonxe do alcance da porteira blanquiazul.Primeiro disparo e gol espanyolista.Ao descanso chegouse co 0-1.

abanca0927.jpg

"Na primeira parte estabamos atascadas co balón porque metiamos moita xente na última liña e iso favorecía que o RCD Espanyol estivese máis xunto", resumiu o técnico deportivista.Tras o paso polos vestiarios, o partido cambiou coa expulsión de Patri Ojeda no minuto 51 por derrubar a Millene cando era a última defensora.A colexiada do encontro, a andaluza Lorena del Mar, ratificou a súa decisión tras consultar a pantalla.O preparador coruñés subliñou que "fixemos un par de axustes con saída de 3 para poder afundir máis o RCD Espanyol. Case non nos deu tempo porque chegou a expulsión".Comezaba así un novo partido."Tardamos 4, 5, 6 minutos en instalarnos nese 4-4-1 do RCD Espanyol que despois facía liña de 5. Custounos un pouco recoñecelo", admitiu o adestrador do Dépor ABANCA.Espe Pizarro chutou no minuto 64 ás mans de Muñoz.Pouco a pouco comezaban a ser frecuentes as chegadas do Dépor ABANCA á área rival.Alberto Rodríguez dá entrada a Michi Apóstol por Lucía Rivas e a Barth por Redru. A alemá situouse de mediocentro.Precisamente da internacional venezolana naceu a xogada do empate no minuto 74. Recolle un balón pola banda dereita cara ao centro que acaba nas botas de Millene na frontal. A brasileira non perdoa e, cun forte disparo raso, pon o empate no marcador."A partir de aí estivemos moi ben, concedémoslles moi pouco. Tanto Elena como Adri, case de '10' nas vixilancias. Tivemos accións suficientes para marcar o segundo", apuntou o técnico de As Nosas.No minuto 79, Lucía Pardo intenta unha vaselina sobre Muñoz que marcha rozando o traveseiro. A lucense recibiu un gran pase entre liñas de Espe Pizarro.Na recta final, Alberto Rodríguez sacou toda a súa artillaría. Karla substituíu a Lucía Pardo. As Nosas pasaban a xogar con 2 dianteiras.Xa case no tempo de desconto, un remate de cabeza de Espe Pizarro a centro de Michi Apóstol foi a gran ocasión, pero o balón non colleu portería e marchou lixeiramente alto.Co 1-1 chegouse ao final."Marchas con amargura porque pola banda de Michi estabámoslles facendo dano nos un contra un. Fastidiado por esta parte. Contento porque as xogadoras case non se precipitaron en ningún momento. E iso é moi difícil co paso dos minutos. Hai cousas moi rescatables, pero marcho fastidiado por non sumar de 3", concluíu Alberto Rodríguez.Deportivo ABANCA: Inês Pereira, Caracas (Sofía, min. 60), Adri, Elena Vázquez, Vega, Redru (Barth, min. 69), Olaya (Paula Hernández, min. 85), Lucía Rivas (Michi Apóstol, min. 69), Lucía Pardo (Karla, min. 85), Espe Pizarro e MilleneRCD Espanyol: Muñoz, Vallejo, Mar Torras, Iara (Guerra, min. 59), Anita Marcos (Browne, min. 59), Ona (Baudet, min. 77), Bicho (Clara, min. 65), Patri Ojeda, Paula G., Raquel G. e DomenechÁrbitra: Lorena del Mar, do comité andaluz. Amoestou a Mar Torras (min. 25) e expulsou con vermella directa a Patri Ojeda (min. 51)Goles: 0-1 Iara (min. 31); 1-1 Millene (min. 74)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 1.194 espectadores e baixo unha chuvia persistente