
DÉPOR ABANCA · 27 SETEMBRO 2026
AS DEPORTIVISTAS MARISA GARCÍA E AINOA GÓMEZ SON CAMPIOAS DO MUNDO SUB-20
O Dépor ABANCA xa presume de contar nas súas filas con 2 campioas do mundo sub-20: Marisa García e Ainoa Gómez.España disputou este domingo 27 de setembro ante a República Popular Democrática de Corea a gran final do Mundial da categoría.O encontro, que se xogou no Estadio Miejski LKS da cidade polaca de Lodz, acabou en empate sen goles.O campión decidiuse na quenda de penaltis, que caeu do lado español por 4-3, con Marisa García como autora do primeiro tanto.Ainoa Gómez saíu de inicio e foi substituída no minuto 81 por Celia Segura.Pola súa banda, Marisa García saltou ao céspede no inicio da prórroga en substitución de Pau Comendador.As dúas deportivistas, xunto ao resto das súas compañeiras, asinaron un Mundial impecable.Así, eliminaron a Italia por 0-2 nas semifinais.Ainoa Gómez foi titular e foi substituída no minuto 73 por Celia Segura. Nese mesmo minuto saltou ao céspede Marisa García, que substituíu a Alba Cerrato.Nos cuartos de final, España apeou a Brasil: 0-1.Marisa saíu ao campo no minuto 66 en substitución de Alba Cerrato, mentres que Ainoa Gómez seguiu o encontro desde o banco.Nos oitavos, superou por 2-0 a Portugal cun gol de Marisa, o seu 4º no torneo, e con Ainoa Gómez tamén como titular.E finalmente, as dúas xogadoras do Dépor ABANCA participaron nos 3 encontros de España na Primeira Fase. Saíron de inicio ante Nixeria e Nueva Caledonia, mentres que xogaron na segunda metade no terceiro encontro ante a República Popular China.Tras o Mundial e as celebracións tamén en España, Marisa García e Ainoa Gómez regresarán o martes 29 de setembro a A Coruña para incorporarse ao Dépor ABANCA.Os resultados de España foron os seguintes:Primera FaseLuns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NUEVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembroREPÚBLICA POPULAR CHINA 1 - ESPAÑA 3Mércores 16 de setembroOitavos de finalESPAÑA 2 - PORTUGAL 0Sábado 19 de setembroCuartos de finalBRASIL 0 - ESPAÑA 1Mércores 23 de setembroSemifinaisITALIA 0 - ESPAÑA 2Domingo 27 de setembroFinalESPAÑA 0 - REPÚBLICA POPULAR DEMOCRÁTICA DE COREA 0. Nos penaltis: 4-3

Foto: RFEF.es

Giménez enfróntase este luns 28 de setembro a Corea del Sur n...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, este d...

As Nosas regresan este luns 28 de setembro ao Dépor Training ...

Empate "con sensación amarga" do Dépor ABANCA ante o RCD Espa...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 27...

O Dépor ABANCA B supera ao CD Arratia na recta final e escala...