
DÉPOR ABANCA B · 27 SETEMBRO 2026
O DÉPOR ABANCA B SUPERA AO CD ARRATIA NA RECTA FINAL E ESCALA Á ZONA NOBRE DA SEGUNDA FEDERACIÓN
O Deportivo ABANCA B sumou 3 puntos na súa visita ao CD Arratia (1-3), nun partido correspondente á 4ª xornada de Segunda Federación.
O técnico deportivista, Aitor, puido contar con 2 futbolistas que están habitualmente na dinámica do primeiro equipo, como Carmen e Carla Castyñeiras.Tras unha primeira parte sen goles, o partido púxose costa arriba para as coruñesas aos 60 minutos cun tanto do conxunto vasco.Pero o filial reaccionou e logrou o empate 9 minutos despois cun gol en propia meta de Laiene.A partir de aí, o conxunto de Aitor fíxose co mando do xogo e amarrou o triunfo na recta final con goles de Antía Mayo (minuto 85) e Jenny Corros (minuto 90).Con este resultado, o Deportivo ABANCA B suma 9 puntos, situado na 3ª posición.Deportivo ABANCA B: Martina, Noe Mayo, Sara Barreda, Sara Cercido (Carmen, min. 80), Marta Rico, Jenny Corros, Antía Mayo, Claudia Sande (Elsa Ayats, min. 46 e Sonsoles, min. 60), Valbuena (Lucía Mariño, min. 90), Laura Ruiz e Carla CastyñeirasO vindeiro domingo 4 de outubro ás 12:00, As Nosas reciben no campo Arsenio Iglesias o CD Filial de Fundación Atlético Osasuna.Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:Fundación Rayo Vallecano 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Marta Rico, Elsa Ayats, Sara Cercido, Jenny Corros e Valbuena)SD Eibar B 2 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 4 (Karla, Sara Barreda, Antía Mayo e Elsa Ayats) - Real Racing Club 0CD Arratia 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Antía Mayo, Jenny Corros e unha futbolista rival en propia meta)

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 27...

O RC Deportivo presentou o seu proxecto en Miami

Resultados deste sábado 26 en ANOSACANTEIRA e calendario para...

Vitoria do Fabril ante o Real Unión nun partido no que «o res...

O fútbol sen límites chega ao Dépor Training Center co Dépor ...

Abertos este domingo 27 de setembro desde as 16:00 os despach...