
DÉPOR FABRIL · 26 SETEMBRO 2026
VITORIA DO FABRIL ANTE O REAL UNIÓN NUN PARTIDO NO QUE «O RESULTADO FOI O MELLOR»
O Fabril superou por 2-0 este sábado 26 de setembro ao Real Unión de Irún en ABANCA-RIAZOR, nun partido correspondente á 5ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.Con este resultado, que para Manuel Pablo "foi o mellor" do encontro, o filial suma 8 puntos e sitúase provisionalmente na 5ª posición da táboa.O técnico fabrilista comentou sobre o equipo irundarra que "sabiamos que podía ser un equipo moi físico, apertounos moito".Perderon o partido por lesión Noé, Manu Ferreiro, Manu, Damián Canedo, Dipanda e Dani Estévez.Kevin Sánchez, que onte foi titular co Dépor en Penafiel, comezou no banco; ao igual que Mauro Valeiro, que xogou os últimos minutos co primeiro equipo no seu amigable en Portugal.O primeiro disparo a porta do encontro chegou no primeiro minuto de xogo nunha carreira de Álvaro Fraga. O seu disparo acabou nas mans do porteiro irundarra Jon Tena."Entramos ben, pero eles seguiron pouco a pouco con esa constancia de continuar. Aí comezaron a chegar os erros", apuntou o preparador do filial.Respondeu o Real Unión cun contragolpe que Tallal mandou alto ante Álex Marqués.Precisamente un erro do gardameta deportivista, que lle entregou o balón a Unai, propiciou un disparo deste que marchou rozando o pau esquerdo da portería do Fabril. Corría o minuto 14.Os vascos realizaron unha presión alta que dificultou a saída de balón deportivista.A pesar diso, o Fabril intentou sacudirse ese dominio con posesións longas.Manuel Pablo admite que "sufrimos moito. Cando recuperabamos seguían apertando, non soubemos superar esas primeiras liñas de presión e roubáronnos o balón. Ademais, teñen calidade á parte do físico e atopaban o home libre".Na recta final, Xabi Campos progresou pola banda esquerda e o seu disparo, raso, marchou a saque de esquina, desviado por un defensor.Na outra área, Ander Martínez atopouse co corpo de Álex Marqués e, na acción seguinte, Galarza rematou en posición forzada fóra por pouco.O partido estaba aberto nunha e noutra dirección, pero chegouse ao descanso sen goles.

Tras o paso polos vestiarios, a primeira do Fabril foi un disparo de Rubén López que obrigou a intervir a Jon Tena no minuto 55.Non pasaba apuros o filial para manter os irundarras lonxe da portería de Álex Marqués.Pero nun arreón visitante, o centro-chut raso de Galarza non atopou rematador.Manuel Pablo refrescou o equipo coa entrada de Martín Ochoa, Koke e Domínguez no minuto 64.O xogo detívose porque, a instancias do Real Unión de Irún, o colexiado do encontro, o castelán-leonés Guillermo Cueto, revisou unha posible cesión antirregulamentaria a Álex Marqués na área pequena. A xogada, unha vez revisada, non foi castigada ao non observarse ningunha infracción do regulamento.Na recta final, Manuel Pablo deu entrada a Kevin por Guerrero na procura dos 3 puntos.Álex Marqués sacou co pé un man a man ante Galarza e, case na xogada seguinte, o Fabril adiantouse no marcador cun gran centro milimétrico desde a dereita de Koke á cabeza de Álvaro Fraga, que colocou o balón lonxe do alcance de Jon Tena.O Real Unión foise arriba con todo na procura do empate, pero nun contragolpe comandado por Kevin chegou a sentenza, obra de Mardones, que substituíra no minuto 87 a Álvaro Fraga.Manuel Pablo concluíu que «tivemos partidos nos que estivemos mellor, pero isto vai de acerto. Hoxe tivémolo nós e eles non».Fabril: Álex Marqués, Quique Teijo, Samu, Ferrán, Xabi, Rubén López, Yayo (Koke, min. 64), Guerrero (Kevin, min. 77), Álvaro Fraga (Mardones, min. 87), Justino (Domínguez, min. 64) e Íker Gil (Martín Ochoa, min. 64)Real Unión de Irún: Jon Tena, Javier Fontán (Unai Medina, min. 46), Álvaro Mateo, Gaizca Martínez, Beñat (Juan de la Mata, min. 74), Unai, Paul Álvarez, Aitor Galarza, Yassin Tallal (Martín Arruti, min. 46 e Ekain, min. 74), Ander Martínez (Markel, min. 81) e Luca SangalliÁrbitro: Guillermo Cueto, do comité castelán-leonés. Amoestou a Javier Fontán (min. 45), Azkune (min. 78), Álvaro Mateo (min. 84), Juan de la Mata (min. 90) e Mardones (min. 92)Goles: 1-0 Álvaro Fraga (min. 86); 2-0 Mardones (min. 96)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 1.167 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Ernesto Vázquez, presidente de honra da AFAC e socio de ouro do RC Deportivo


Resultados deste sábado 26 en ANOSACANTEIRA e calendario para...

O fútbol sen límites chega ao Dépor Training Center co Dépor ...

Abertos este domingo 27 de setembro desde as 16:00 os despach...

Marisa García e Ainoa Gómez xóganse este domingo 27 ante a Re...

Dépor ABANCA e RCD Espanyol, igualados a puntos, vense as car...

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA de visi...