RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O fútbol sen límites chega ao Dépor Training Center co Dépor Genuine, o Torre SD e a SR Calo

FUNDACIÓN · 26 SETEMBRO 2026

O FÚTBOL SEN LÍMITES CHEGA AO DÉPOR TRAINING CENTER CO DÉPOR GENUINE, O TORRE SD E A SR CALO

O Dépor Training Center viviu este sábado 26 de setembro unha xornada moi especial coa celebración do torneo ‘One Team no Limits’, unha cita na que o fútbol se converteu en punto de encontro para os equipos do Dépor Genuine, Torre SD e SR Calo.Máis alá dos resultados, a mañá estivo marcada polo compañeirismo, a ilusión e as ganas de gozar sobre o terreo de xogo.Cada pase, cada gol, cada celebración e cada aperta serviron para lembrar que o deporte non entende de límites e que, cando se comparte, ten aínda máis valor.A xornada enmarcouse dentro da Semana Europea do Deporte #BeActive, unha iniciativa que promove a práctica deportiva e pon en valor os beneficios da actividade física, pero tamén os valores de convivencia, inclusión e respecto que transmite o deporte.E precisamente ese foi o espírito que se respirou no Dépor Training Center: competir, pero tamén compartir; esforzarse, pero sobre todo gozar.En ‘One Team no Limits’ o marcador foi unha parte máis da xornada, mentres que o verdadeiramente importante estivo en todo o que sucedeu arredor do balón.Sobre o céspede, os 3 equipos ofreceron unha mañá de fútbol e emoción. Estes foron os resultados dos encontros:DÉPOR GENUINE 5 - SR CALO 2DÉPOR GENUINE 2 - TORRE SD 5SR CALO 3 - TORRE SD 7Pero houbo espazo para moito máis que o fútbol. A xornada tamén puxo o foco na saúde e no benestar, cunha charla sobre nutrición dirixida aos xogadores e xogadoras por Álex Santiso, nutricionista de ANOSACANTEIRA.Unha actividade que completou unha mañá pensada para gozar do deporte en todas as súas dimensións e que deixou unha mensaxe tan sinxela como poderosa: cando todos teñen un lugar no campo, o fútbol non ten límites.