
DÉPOR · 27 SETEMBRO 2026
O RC DEPORTIVO PRESENTOU O SEU PROXECTO EN MIAMI
O RC Deportivo continúa avanzando na súa estratexia de internacionalización coa celebración dun encontro empresarial e institucional no Museo da FIFA de Miami, unha cita que lle permitiu ao Club presentar o seu proxecto e establecer novas conexións no mercado norteamericano.A xornada, organizada en colaboración coa Cámara de Comercio de España en Miami e ABANCA, reuniu representantes do ámbito empresarial e institucional arredor do proxecto do Dépor e das oportunidades de colaboración que ofrece a súa crecente presenza internacional.A expedición deportivista estivo encabezada pola vicepresidenta do RC Deportivo, Michelle Clemente, e o conselleiro delegado, Massimo Adalberto Benassi. O director de desenvolvemento de negocio, Manuel Hallett; o responsable de desenvolvemento de negocio internacional, Andrés Zamorano, e o responsable comercial e de patrocinios, Alejandro Vidal, completaron a delegación.Durante a visita a Miami, o Club tivo a oportunidade de compartir a súa identidade, o seu proxecto e as súas diferentes liñas de crecemento con empresas e institucións vinculadas ao mercado estadounidense, ademais de xerar novas conexións e explorar posibles vías de colaboración.Miami puxo o punto final a unha semana que comezou con diferentes encontros institucionais e empresariais do RC Deportivo en México.A presenza en Norteamérica permítelle ao Club fortalecer a súa rede de relacións, achegar a marca Dépor a novos públicos e abrir novas oportunidades nun mercado estratéxico.Esta xornada supuxo un novo paso dentro da aposta do RC Deportivo por ampliar os seus vínculos internacionais e construír relacións duradeiras con empresas e institucións, xerando novas oportunidades de colaboración que contribúan ao crecemento e á proxección do Club.O Dépor segue tendendo pontes máis alá de Galicia para levar o seu proxecto, a súa identidade e a súa maneira de entender o fútbol a novos territorios.

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 27...

O Dépor ABANCA B supera ao CD Arratia na recta final e escala...

Resultados deste sábado 26 en ANOSACANTEIRA e calendario para...

Vitoria do Fabril ante o Real Unión nun partido no que «o res...

O fútbol sen límites chega ao Dépor Training Center co Dépor ...

Abertos este domingo 27 de setembro desde as 16:00 os despach...