
FUNDACIÓN · 4 XUÑO 2026
EN MARCHA A 7ª EDICIÓN DO DÉPORCAMPUS DE MASIDE
Xa está en marcha a 7ª edición do DéporCampus no concello de Maside, que se leva a cabo en colaboración coas Escolas Deportivas Terras de Maside.O acto de presentación tivo lugar no Concello de Maside e asistiron: Juan Romero Fernández, presidente das Escolas Deportivas Terras de Maside; Juan Manuel Iglesias Araujo, alcalde de Maside; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 22 de xuño ao venres 26 de xuño (o día 24 de xuño con normalidade) en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2020 e 2012, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo levarán de novo a Maside a metodoloxía de adestramento que os equipos de base realizan no Dépor Training Center.Para información e inscricións premer neste enlace.

España, con Mauro Valeiro no banco, cae ante Italia na quenda...

Torneos amigables de ANOSACANTEIRA desde este venres 5 en Vim...

Colombia, primeiro rival de Espe Pizarro este venres 5 na Con...

Inês Pereira mídese este venres a Letonia nun partido de clas...

David Domínguez renova polo RC Deportivo ata 2028

Mauro Valeiro representará a ANOSACANTEIRA este xoves 4 na se...