
DÉPOR FABRIL · 4 XUÑO 2026
DAVID DOMÍNGUEZ RENOVA POLO RC DEPORTIVO ATA 2028
David Domínguez Martínez (Cambre, A Coruña, 25 de xuño de 2005) asinou a súa renovación polo RC Deportivo ata 2028.O atacante fabrilista, que chegou a ANOSACANTEIRA en categoría benxamín na temporada 2013-14, debutou no filial en Segunda Federación o 18 de novembro de 2023 en Langreo.Na temporada 2024-25 estivo cedido no Betanzos CF en Tercera Federación e esta campaña que agora remata, xa de regreso ao Dépor Training Center, xogou no Fabril 30 partidos e anotou 5 goles.Na súa traxectoria en ANOSACANTEIRA suma tamén o título de campión da División de Honra co Xuvenil A na campaña 2023-24.Así pois, David Domínguez seguirá defendendo o escudo do RC Deportivo, uníndose ás renovacións de Manu Ferreiro, Noé Carrillo e Manuel Pablo.Tres nomes, un mesmo sentimento: amor por estas cores, entrega e compromiso cun proxecto que mira ao futuro sen perder a súa esencia.O RC Deportivo segue a construír o seu futuro, apoiado no talento formado no Dépor Training Center, co orgullo de pertencer e a ilusión intacta.Parabéns, David!

Aubameyang xa se adestra no Dépor Training Center ás órdenes ...

Rival de postín para o Dépor ABANCA, o domingo 16 de agosto a...

Terceira semana de pretemporada para o Dépor desde este luns ...

Antía Mayo, nova xogadora do RC Deportivo

O Dépor ABANCA encara desde este luns 20 de xullo a súa segun...

Diego Villares ve as incorporacións "con ritmo, con calidade....