RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Mauro Valeiro representará a ANOSACANTEIRA este xoves 4 na semifinal do Europeo sub-17 fronte a Italia

CANTERA · 3 XUÑO 2026

MAURO VALEIRO REPRESENTARÁ A ANOSACANTEIRA ESTE XOVES 4 NA SEMIFINAL DO EUROPEO SUB-17 FRONTE A ITALIA

Mauro Valeiro está concentrado coa selección española sub-17 na fase final do Campionato de Europa da categoría que se xoga en Estonia.O canteirán deportivista enfrontarase a Italia en semifinais este xoves 4 de xuño ás 19:00 horas, retransmitido en directo por Teledeporte.A RFEF lembra que "nos últimos anos, o balance é claramente favorable para España, que gañou 5 dos 6 últimos partidos ante a selección italiana, incluídos os 4 máis recentes disputados entre 2025 e 2026. O balance histórico tamén sorrílle ao combinado español. Nos 26 enfrontamentos rexistrados entre ambas seleccións desde o ano 2000, España suma 17 vitorias, 5 empates e 4 derrotas. Ademais, nos partidos correspondentes a fases finais do Europeo, España saíu vitoriosa en 5 dos 7 duelos disputados".Os españois pecharon a primeira fase en segunda posición do seu grupo con 6 puntos mentres que Italia foi campioa do seu con 7 puntos por 6 de Francia, 2º clasificado.Na primeira fase deste Europeo, Mauro Valeiro foi titular ante Estonia e Croacia; e xogou os últimos minutos ante Bélxica.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FaseLuns 25 de maioESTONIA 1 - ESPAÑA 4Xoves 28 de maioBÉLXICA 0 - ESPAÑA 1Domingo 31 de maioESPAÑA 2 - CROACIA 3SemifinalesXoves 4 de xuño19:00: ESPAÑA - ITALIA, no Estadio LillekülaMauro Valeiro esta campaña proclamouse con este combinado nacional campión do torneo internacional no Algarve (Portugal) ademais de ter disputado a Ronda 2 de clasificación.O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18, xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16.Esta campaña finalizou a División de Honor no Xuvenil A con 23 partidos disputados, 18 deles como titular, e 2 goles marcados.