RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
España, con Mauro Valeiro no banco, cae ante Italia na quenda de penaltis das semifinais do Europeo sub-17

CANTERA · 4 XUÑO 2026

ESPAÑA, CON MAURO VALEIRO NO BANCO, CAE ANTE ITALIA NA QUENDA DE PENALTIS DAS SEMIFINAIS DO EUROPEO SUB-17

Foto:@rfef.es

Mauro Valeiro (na foto agachado co peto rosa) estivo concentrado coa selección española sub-17 na fase final do Campionato de Europa da categoría que se xoga en Estonia.O canteirán deportivista seguiu desde o banco o choque de semifinais ante Italia este xoves 4 de xuño.Despois dun empate a un gol no tempo regulamentario, os italianos estiveron máis acertados na quenda de penaltis e clasificáronse así para a gran final.Na primeira fase, Mauro Valeiro foi titular ante Estonia e Croacia; e xogou os últimos minutos do encontro ante Bélxica.Os resultados de España neste Europeo foron os seguintes:Primera FaseLuns 25 de maioESTONIA 1 - ESPAÑA 4Xoves 28 de maioBÉLXICA 0 - ESPAÑA 1Domingo 31 de maioESPAÑA 2 - CROACIA 3SemifinaisXoves 4 de xuñoESPAÑA 1 - ITALIA 1. A penaltis: 2-4Mauro Valeiro esta campaña proclamouse con este combinado nacional campión do torneo internacional no Algarve (Portugal) ademais de ter disputado a Rolda 2 de clasificación.O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamín na tempada 2017-18, xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16.Esta campaña finalizou a División de Honra no Xuvenil A con 23 partidos xogados, 18 deles como titular, e 2 goles marcados.